Explorer 18

Satélite científico dos Estados Unidos.
(Redirección desde «IMP 1»)

Explorer 18, tamén coñecido como IMP-A ou IMP-1 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform A ou 1), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de novembro de 1963 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Explorer 18 / IMP-A / IMP-1
Explorer 20 / IMP-A
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de novembro de 1963, 2:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta C[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
Decaemento30 de decembro de 1965[1]
NSSDC ID1963-046A
Masa138,0 kg[5]

Características editar

Explorer 18 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6]

A nave funcionou sen problemas ata o 30 de maio de 1964 en que comezou a facelo de maneira intermitente ata o 10 de maio de 1965 en que se deu por perdida. IMP-A foi inxectado nunha órbita inicial de 197.616 km de apoxeo e 192 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,3 graos e un período de 5666 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de decembro de 1965.[1][3][6]

Resultados editar

IMP-A descubriu a existencia dun arco de choque desacoplado da magnetopausa na dirección cara ao Sol.[7] Tamén estudou a modulación do espectro do helio galáctico a baixa enerxía.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 18 (IMP-1)" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "IMP-A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 23 January 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-02118): 2. 30 de xaneiro de 1964. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2014. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 18 / IMP A" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP A, B, C" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2013. 
  7. W. N. Hess, G. D. Mead, M. P. Nakada (1966). "Low-Energy Charged Particle Environment of the Earth". En Gerhard Heller. Thermophysics and Temperature Control of Spacecraft and Entry Vehicles. Progress in Astronautics and Aeronautics. p. 331. 
  8. National Academy of Sciences - National Research Council, ed. (maio de 1966). "3.3 - The Interplanetary Medium". United States Space Science Program: Report to COSPAR. p. 35. ISBN. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar