III Asemblea Agraria de Galicia
(Redirixido desde "III Asemblea de Monforte de Lemos")
A III Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Monforte de Lemos o 13 e 15 de agosto de 1911.
Historia e característicasEditar
Estivo presidida por Rodrigo Sanz e como secretarios actuaron Santiago Casares Quiroga e Victoriano Rodríguez Gómez. Participaron 89 sociedades, 9 periódicos e 8 entidades oficiais. Renunciouse á creación dunha federación galega, que fora unha proposta da anterior Asemblea, e insistiuse na organización de sociedades comarcais.