IES San Rosendo

centro de ensino secundario en Mondoñedo

Coordenadas: 43°25′41″N 7°22′05″O / 43.428055555556, -7.3680555555556

O IES San Rosendo é un centro público de ensino secundario situado na vila de Mondoñedo.

IES San Rosendo
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Foi creado como instituto laboral no curso 1953/54. Naquel curso non se puido empezar en setembro, pois as obras non remataron ata o Nadal, co cal empezouse en xaneiro. No curso 2003/04 celebrouse o 50 aniversario, celebración que contou coa presenza de gran número de alumnos daquela primeira promoción.

O centro acollía as ensinanzas de gandería e agraria, de feito houbo vacas ata a década de 1970, facéndose as prácticas no que se coñece como A Granxa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar