IES Gonzalo Torrente Ballester

instituto público de secundaria en Pontevedra
(Redirección desde «IES G. Torrente Ballester»)

Coordenadas: 42°25′19″N 8°38′28″O / 42.421944444444, -8.6411111111111

O Instituto de Ensino Secundario Gonzalo Torrente Ballester[1] é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester. Está situado ao sur da cidade. Nel impártese Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e o ciclo superior de Proxectos de edificación.

IES Gonzalo Torrente Ballester
Enderezo
Rúa Herminia Fariña Cobián s/n, Pontevedra
Datas
Creación1989
Edificio actual1990
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; ciclo superior de Proxectos de edificación
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
Web

Historia editar

O IES Gonzalo Torrente Ballester foi creado como tal no curso 1989-1990. Con todo, o centro escolar non se inaugurou até xaneiro de 1990, polo que o primeiro trimestre dese curso se impartiu nas instalacións do IES A Xunqueira II.

O instituto acolle alumnado do concello de Pontevedra mais tamén de concellos veciños como Vilaboa, Soutomaior ou Marín. Ten tres centros adscritos atendendo á procedencia académica do alumnado: o CEIP A Carballeira de Lourizán, o CEIP San Martiño e o CEIP de Cabanas de Salcedo.

Docentes neste centro son ou foron Francisco Calo Lourido, Luís Bará, Manuel Lourenzo González, Henrique Egea Lapina, María Dolores Valiño Ferrín, Aurelio Sánchez Tomé e María Victoria Moreno, quen doou ao centro a súa biblioteca persoal, de 4500 volumes, incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar