Abrir o menú principal

Instituto Xelmírez

(Redirixido desde "IES Arcebispo Xelmírez")

Coordenadas: 42°52′44″N 8°33′10″O / 42.87889, -8.55278

IES Arcebispo Xelmirez I
Santiago fonseca GDFL050914 038.jpg
Enderezo
Poza de Bar, s/n - 15705 - Santiago de Compostela
Datas
Creación1845
Edificio actual1984
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
Na rede
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez/

O Instituto Xelmírez,[1] Instituto Arcebispo Xelmírez[2] ou Arcebispo Xelmírez I,[1] durante moitos anos denominado Instituto Arzobispo Gelmírez,[3] foi o primeiro, e durante moitos anos o único, instituto de ensino secundario da cidade de Santiago de Compostela.

É, polo tanto, un dos cinco "institutos históricos" de Galicia.[4]

HistoriaEditar

AntecedentesEditar

A mediados do século XIX, co triunfo dos moderados, fíxose público o chamado Plan Pidal, promovido polo ministro da Gobernación Pedro José Pidal, que se inclinaba pola ensinanza como dereito estatal. A asunción por parte do Estado da función docente presentouse como a única solución á situación do ensino; o plan plasmouse no Real Decreto de 17 de setembro de 1845.[5]

Dez días despois, mediante unha Real Orde cesouse a todos os rectores das universidades en exercicio, cuxa función asumiron os xefes políticos (antecesores dos gobernadores civís, hoxe delegados do goberno), os que, en calidade de visitadores e comisionados rexios, foron encargados da reorganización dos centros conforme ao novo modelo, pronunciadamente centralizado. Cualifícase nel como establecemento público de ensinanza aquel que en todo ou en parte se sostén con créditos votados polas Cortes nos Orzamentos Xerais do Estado, e que, por tanto, está controlado polo Goberno.[5]

Por outra parte, as universidades de España quedaron reducidas a dez, situadas nas cidades de Barcelona, Granada, Madrid, Oviedo, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza. As de Canarias, Huesca e Toledo convertéronse en institutos de segunda ensinanza.[5]

Así mesmo, establecíase a configuración dos distritos universitarios das dez universidades que permaneceron en pé a partir desta reforma.[6]

Creación. Os institutos históricosEditar

Ao abeiro do Real Decreto de 17 de setembro de 1845, creouse o primeiro Instituto de Segunda Ensinanza na cidade de Santiago de Compostela, vinculado á Universidade de Santiago.

Durante o século XIX só existía en España un instituto de ensinanza secundaria en cada unha das capitais de provincia, coa excepción do de Santiago, por ter esta cidade universidade. Estes institutos coñécense hoxe co nome de "institutos históricos"[7]

Os institutos históricos de Galicia son os actualmente chamados "Xelmírez I" (de Santiago de Compostela), "Salvador de Madariaga" (da Coruña), "Lucus Augusti" (de Lugo), "Sánchez Cantón" (de Pontevedra), e "Otero Pedraio" (de Ourense). Todos eles foron dotados con fondos de acordo co Plan Pidal.[4]

O instituto compostelán, durante moitos anos, coñeceuse como Instituto "Arzobispo Gelmírez".

SedesEditar

 
O Instituto "Arzobispo Gelmírez", na praza de Mazarelos, ou do Instituto. (Foto de 2014).

Durante os seus 140 anos de historia este primeiro instituto de Compostela tivo varias sedes:

O final do InstitutoEditar

Finalmente, en 1985, e como consecuencia de ocupar a Xunta de Galicia as instalacións de San Caetano, o instituto foi dividido en dous:

Pola Orde do 20/05/98 (DOG do 15 de xuño) o Instituto "Arcebispo Xelmírez" pasaba a denominarse Instituto de Ensinanza Secundaria "Arcebispo Xelmírez I",[9] situado na rúa das Burgas, no Campus Sur da Universidade, como resultado do desdobramento publicado no DOG do 27/08/85, que creaba o segundo, denominado Instituto de Ensinanza Secundaria "Arcebispo Xelmírez II", sito na rúa dos Irmandiños, en Vite (Vista Alegre).[8]

O IES "Arcebispo Xelmírez I" herdou a biblioteca e o laboratorio histórico, ademais doutras instalacións antes comúns.[8]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Historia do Xelmírez.
  2. O Instituto 'Arcebispo Xelmírez' de Santiago de Compostela: historia documental 1845-1857, de María do Carme Fariña Casaldarmos (Universidad de Santiago de Compostela, 1996).
  3. Fariña Casaldarnos, M. C. (1986): "La Iglesia y la enseñanza de la Historia Natural en el Instituto «Arzobispo Gelmírez» de Santiago de Compostela". En Iglesia y educación en España. Perspectivas históricas. IV Coloquio de Historia de la Educación. (Vol. II, sección II, pp. 69-72). Palma: Universitat de les Illes Balears.
  4. 4,0 4,1 O conselleiro de Educación presenta as IV Xornadas de Institutos históricos españois, que por primeira vez se desenvolve en Galicia.
  5. 5,0 5,1 5,2 Antecedentes del Plan Pidal de 1845.
  6. El Plan Pidal de 1845 en Alma Mater hispalense (en castelán).
  7. Asociación Nacional para la Defensa del Patrimonio de los Institutos Históricos (en castelán).
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 El IES Xelmírez II inicia el 30 aniversario recordando su historia con el Xelmírez I. La Voz de Galicia, 08/10/2015.
  9. IES Arcebispo Xelmirez I.

Véxase taménEditar