Instituto de Ciencias Fotónicas

(Redirección desde «ICFO»)

Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) é un centro de investigación especializado en fotónica, a ciencia que estuda a luz. Creárono en Barcelona, en marzo de 2002, o Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información da Xeneralidade de Cataluña e a Universidade Politécnica de Cataluña. O ICFO está no Parque Mediterráneo da Tecnoloxía, en Castelldefels, na área metropolitana de Barcelona, nun edificio de 9.000 metros cadrados. Desde que en 2014 completou a súa fase de expansión, conta con preto de trescentos investigadores , que traballan en vinte e cinco grupos de investigación diferentes.

Sede do ICFO no Parque Mediterráneo da Tecnoloxía, en Castelldefels (Barcelona).

O Instituto ten como obxectivo a investigcación, a docencia e o pulo do sector industrial no eido das ciencias da luz e de todas as disciplinas nas que a fotónica teña incidencia, como neste momento as nanotecnoloxías ópticas, as tecnoloxías da información, a biotecnoloxía, as ciencias da saúde e da vida, as tecnoloxías da información cuántica e os sistemas láser. Desenvolve investigación punteira nestes terreos e forma científicos e tecnólogos especializados nestes eidos científicos. O ICFO colabora con centros de investigación líderes, universidades, hospitais e unha chea de empresas privadas de ámbito local e arredor do mundo. Acolle vinte grupos de investigación que traballan en máis de cincuenta laboratorios. Conta, entre outros, cun laboratorio de fabricación nanofotónica, un laboratorio de microscopía e nanoscopía de luz de alta resolución, e un laboratorio de enxeñaría avanzada.

A investigación no ICFO está organizada en catro áreas: fotónica non lineal, fotónica cuántica, nanofotónica e biofotónica. Xa que logo, o ICFO desenvolve investigación en diferentes eidos das ciencias fotónicas, incluíndo a información cuántica, dispositivos nanofotónicos, detección remota, comunicacións ópticas, optoelectrónica, biofotónica e óptica biomédica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar