Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística

(Redirección desde «IBGE»)

O Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE) é un organismo público da administración federal brasileira creado en 1934 e instalado en 1936 co nome de Instituto Nacional de Estatística.[1] O seu fundador e grande incentivador foi o estatístico Mário Augusto Teixeira de Freitas. O nome actual data de 1938. A sede do IBGE está localizada na cidade de Río de Xaneiro.

O IBGE ten atribucións ligadas ás xeociencias e estatísticas sociais, demografía e economía, o que inclúe realizar censos e organizar as información obtidas neses censos, para suprir órganos das esferas gobernamentais federal, estatal e municipal, e para outras institucóns e o público en xeral.

A lexislación vixente, de acordo co Decreto Federal nº 73 177 do 20 de novembro de 1973[2] e a Lei nº 5 534 do 14 de novembro de 1968,[3] modificada pola Lei nº 5 878 do 11 de maio de 1978,[4] dispón sobre a obrigatoriedade e sixilo das informacións recadadas polo IBGE, as cales destináranse, exclusivamente, a fins estatísticos e non poderán ser obxecto de certeza e nin terán eficacia xurídica como medio de proba.

O IBGE é unha entidade da administración pública federal, constituída na forma de fundación pública polo Decreto-lei nº 161, do 13 de febreiro de 1967,[5] vinculada ao ministerio de Economía.

Historia editar

Antecedentes editar

Anteriormente ao IBGE, foi instituída en 1871 a Diretoria Geral de Estatística (DGE), subordinada ao Ministerio de Negocios do Imperio Brasileiro, e que realizou o primeiro censo o ano seguinte. A DGE pasou tamén a catalogar rexistros de nacemento, matrimonio e óbito cando se implantou a República, realizando tres censos máis, en 1890, 1900 e 1920. Un ano despois da Revolución de 1930, a DGE foi disolto.

Fundación editar

A data oficial de creación do IBGE é o 29 de maio de 1936, cando foi regulamentado o Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que o Decreto n. 24 609, que o instituíu, data do 6 de xullo de 1934. O INE foi fundado por un conxunto de estudosos liderado por Mário Augusto Teixeira de Freitas, quen vían a necesidade de organizar os datos estatísticos nun organismo centralizado. Polo Decreto n. 1 527 (1937), foi creado temén o Conselho Brasileiro de Geografia (CBG).

O IBGE, no seu formato actual, foi creado mediante o Decreto-Lei n. 218 do 26 de xaneiro de 1938, resultante da integración das competencias do INE e do CBG nun único órgano.[6][7]

 
Sede do Centro de Documentação e Disseminação de Informação (CDDI) do IBGE, no barrio do Maracanã. Ao fondo, a sede da Golden Cross. Á dereita, unha sucursal da Petrobras.
 
Un Toyota Bandeirante, utilizado polo IBGE na axencia de Sinop, en Mato Grosso.
 
Agencia do IBGE en Campo Maior, no Piauí.

Publicacións editar

Ao longo dos anos a institución ten publicado obras cuxa liña editorial ten a ver coas competencias do órgano, de entre as publicacións, atópase a Enciclopédia dos Municípios Brasileiros inicialmente publicada en 1957.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar