O bus I-3K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.[1][2]

Características editar

O bus I-3K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites de cerca de 3000 kg na órbita xeoestacionaria. Pode proporcionar ata 6500 W de potencia.[1][2]

Usouse por primeira vez no satélite Insat 4A en 2005, para logo ser usado por algúns satélites da serie Insat e algúns GSat.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "I-3K" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISRO: I-3K (I-3000) Bus" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar