Hyrynsalmi
Coordenadas: 64°40′35″N 28°29′40″L / 64.67639, -28.49444
Hyrynsalmi é unha localidade da rexión de Kainuu, Finlandia.
Hyrynsalmi | ||
---|---|---|
![]() | ||
Igrexa de Hyrynsalmi. | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Kainuu | |
Subrexión | Kehys-Kainuu | |
Xeografía | ||
Altitude | 156-384 msnm | |
Superficie | 1.521,37 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2.584 hab. (2013)[1] | |
Densidade | 1,82 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Heimo Keränen | |
Páxina Oficial |
XeografíaEditar
Hyrynsalmi está situada no centro-norte de Finlandia, cubrindo unha superficie total de 1.521,37 km², dos cales 100,32 km² son de auga. O concello é alongado, cuns 65 km de longo por 20 a 25 km de ancho. Encóntrase no interior de Kainuu, na parte máis montañosa da rexión, e a altitude do territorio varía dende os 156 metros ata unha altitude máxima de 384 metros. O concello é atravesado polo río Emäjoki.
A cidade encóntrase a 69 km da capital da rexión, Kajaani, estando unida á mesma pola nacional 5, que tamén a une coa cidade de Kuusamo, situada a 176 km da cidade.
Limita cos concellos de Suomussalmi ao norte, Puolanka ao oeste, e con Kuhmo e Ristijärvi ao sur.
PoboaciónEditar
O concello de Hyrynsalmi leva a experimentar un importante descenso de poboación, a seguinte táboa mostra a evolución demográfica da localidade dende 1980:[2]

LinguaEditar
O concello de Hyrynsalmi é unilingüe en finés. En 2012 a repartición lingüística era a seguinte:[3]
- Lingua finesa: 98,6 %%
- Outras: 1,4 %
NotasEditar
- ↑ "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2013.
- ↑ Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012[Ligazón morta]
- ↑ Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely[Ligazón morta]
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hyrynsalmi |
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial (en finés)