Hypsiglena unaocularus

Especie de cobra

Hypsiglena unaocularus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Colubridae
Subfamilia: Dipsadinae
Xénero: Hypsiglena
Especie: H. unaocularis
W.W. Tanner, 1944
Nome binomial
Hypsiglena unaocularis
Localización da illa Clarión

Localización da illa Clarión
Sinonimia
  • Hypsiglena ochrorhyncha unaocularis
    W.W. Tanner, 1944
  • Hypsiglena torquata unaocularus

Hypsiglena unaocularus é unha especie de réptil da familia Colubridae, endémica das rochas da illa Clarión, no arquipélago de Revillagigedo, a 1 100 km da costa oeste de México. Mide entre 40 e 46 cm de lonxitude.[1] É de cor marrón escuro, con manchas negruzcas sobre a cabeza e o pescozo. Aliméntase de insectos e lagartas.[1]

DescubrimentoEditar

En 1936, foron recolectados exemplares por primeira vez por Charles William Beebe, que foron descritos como subespecie de Hypsiglena ochrorhyncha, por Wilmer Tanner en 1944.[2] No 2013, foron encontrados dous especímenes, co cal se confirmou o achado de Beebe. As análises de ADN permitiron establecer que non se trata dunha subespecie de H. ochrorhyncha nin de Hypsiglena torquata, como se cría ata entón, senón dunha especie diferente e, a análise filoxenética determinou que o seu parente máis achegado é a cobra manchada da Illa Santa Catalina, Hypsiglena catalinae.[1][3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Nájar, Alberto (2014) "La serpiente mexicana que nadie vio en 78 años"; BBC Mundo, 27 de mayo de 2014.
  2. Tanner, Wilmer W. (1944) "A taxonomic study of the genus Hypsiglena"; The Great Basin Naturalist 5 (3-4): 25–92.
  3. Mulcahy, Daniel G.; Juan E. Martínez Gómez; Gustavo Aguirre León; Juan A. Cervantes Pasqualli and George R. Zug (2014) "Rediscovery of an Endemic Vertebrate from the Remote Islas Revillagigedo in the Eastern Pacific Ocean: The Clarión Nightsnake Lost and Found"; PLoS One 9 (5): e97682. doi 10.1371/journal.pone.0097682