Hydroblading (patinaxe)
O hydroblading é un movemento de gume ou paso de patinaxe artística no que o patinador se desliza nun gume marcado co corpo esticado en posición baixa, case tocando o xeo. Son posibles diversas variacións de posición, pero os patinadores individuais adoitan executalo co gume interior cara a atrás co xeonllo da perna que patina moi flexionada, a perna libre cruzada por detrás e estendida fóra do círculo, e co torso inclinado cara ao círculo con dúas, unha ou sen ningunha man rozando o xeo.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/2018_Winter_Olympics_-_Gala_Exhibition_-_Photo_282.jpg/268px-2018_Winter_Olympics_-_Gala_Exhibition_-_Photo_282.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/Dimitra_Signature_Move.jpg/220px-Dimitra_Signature_Move.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Timothy_Goebel_2003_NHK_Trophy.jpg/220px-Timothy_Goebel_2003_NHK_Trophy.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Madison_Hubbell_%26_Keiffer_Hubbell_2006_JGP_The_Hague.jpg/220px-Madison_Hubbell_%26_Keiffer_Hubbell_2006_JGP_The_Hague.jpg)
Historia
editarAínda que non foi inventado por eles, este elemento volveuse popular a comezos de 1990 grazas á parella de danza sobre xeo canadense de Shae-Lynn Bourne e Victor Kraatz.
Variacións
editar- Clásico: dúas mans, normalmente sobre o gume interior traseiro dereito para as persoas destras.
- Unha man: afastando unha man do xeo, normalmente a dereita para as persoas destras.
- Sen mans: ningunha man toca o xeo e resulta máis difícil inclinar o corpo sobre o xeo.
- Agarrado: un hydroblading cunha man e a man libre terma o pé libre.
- Parellas: considerado como un elemento conxunto ou como un elemento no que unha persoa fai o hydroblading mentres a parella realiza como elemento de gumes.
- Ombreiro aberto: o torso mira cara a arriba.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Glosario de patinaxe artística Arquivado 15 de decembro de 2010 en Wayback Machine.