Exactinélidas

Variedade de esponxas exactinélidas de Ernst Haeckel

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Parazoa
Filo: Porifera
Clase: Hyalospongiae
Subclases e Ordes

A clase Hyalospongiae ou Hexactinellida é un grupo de animais pertencentes ó filo Porifera aínda que algúns investigadores consideran que son o suficientemente distintas como para crear o seu propio phylum, Symplasma. Son coñecidas vulgarmente como Esponxas vítreas, esponxas cuxas espículas do esqueleto mineral son todas elas de sílice cristalizado de seis raios ou espículas triaxonas, moitas veces unidas formando unha rede.

Estrutura

editar

As fibras de esponxina pode presentalas ou non, segundo especies. De feito, existen especies de hexactinélidas que carecen de esqueleto ningún. Cando as presenta, ten Megascleras e Microcleras diferenciadas. A parede do corpo é cavernosa, formada por unha trama trabecular, o que as converte en membros do tipo Sicon ou Leucon.

O pinacodermo é inexistente (non ten epitelio superficial), e é substituído por unha membrana dermal acelular. A capa de coanocitos pode ser sincitial.

Unha habilidade que posúen estas esponxas é a dun sistema único para a rápida condución dos impulsos eléctricos traspasando os seus corpos, facendo posible que elas poidan responder rapidamente ós estímulos externos.

Todas elas son mariñas, e de preferencia por augas profundas.

Clasificación

editar

Taxonomía

editar

Clase Hyalospongiae ou Hexactinellida (Exactinélida ou Esponxa vítrea)

Listaxe das esponxas hexactinélidas máis coñecidas (por orde alfabética do nome científico)

editar
  • Aphrocallistes vastus
  • Asconema setubalense
  • Euplectella aspergillum (ou "regadeira de Filipinas").
  • Euplectella aspergilus (ou "cesta de Venus").
  • Hyalonema schmidti
  • Oopsaca minuta
  • Pheronema grayi (ou niño de mar).
  • Protospongia (fósil máis antigo; -540 MA; Cámbrico)
  • Staurocalyptus solidus

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar