Huso huso
Huso huso | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Huso huso (Linnaeus, 1758) [2] |
O Huso huso é unha especie de peixe condrósteos da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, que habita principalmente na conca do mar Caspio, e tamén, aínda que menos abundante, na do mar Negro e que, ocasionalmente, se pode encontrar no mar Adriático.
Moi prezado polasa súas ovas, o exquisito e carísimo caviar Beluga,[3] que alcanza nos mercados prezos que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[4][5]
Porén, a súa carne non é moi prezada.
Características
editarÉ un peixe anádromo, que remonta os ríos para reproducirse.
Pode alcanzar gran tamaño: capturáronse exemplares moi vellos de até 5 m de lonxitude.
É de lento crecemento e tardía maduración, e pode vivir uns 150 anos.
Este esturión é un gran depredador, alimentándose doutros peixes.
Estado de conservación
editarO número de espécímes da especie foi reducíndose estremadamente nos últimos anos debido á sobrepesca e á contaminación, obrigando a moitos gobernos a restrinxir a súa comercialización.
A IUCN clasifica este esturión como "especie en perigo de extinción".[6]
É unha especie protexida que fugura na lista do Anexo II do Convención de Berna.[7] e o seu mercado está restrinxido polo Apédice II do CITES.
As poboacións que subsisten no mar Mediterráneo están fortemente protexida polo Anexo II da Convención de Berna, prohibindo calquera morte intencionada destes peixes.
O Servizo de pesca e Vida Salvaxe dos Estados Unidos prohibiu a importación do "caviar Beluga" e outros produtos derivados deste peixe do mar Caspio desde o 7 de outubro de 2005.
Notas
editar- ↑ "Huso huso". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Huso huso na ITIS
- ↑ Top 5 world's most expensive ingredients Arquivado 26 de xuño de 2013 en Wayback Machine. en Lifestyyle. (en inglés)
- ↑ Young, Mark C. (1999): Guinness Book of World Records. p. 94.
- ↑ Schmidt, Arno (2003): Chef's Book of Formulas, Yields, and Sizes. p. 48.
- ↑ Gesner, J., Chebanov, M., Freyhof, J. & Kottelat, M. (2009): Huso huso, na Lista Vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Annex II of the Convention on the Conservation of European Wildlife and Natural Habitats do ano 2002.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Huso huso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Huso huso |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |