Huitaca boyacaensis

especie de opilión

Huitaca boyacaensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Opiliones
Familia: Neogoveidae
Xénero: Huitaca
Especie: H. boyacaensis
Nome binomial
Huitaca boyacaensis
Benavides & Giribet, 2013

Huitaca boyacaensis é unha especie de opilión neotropical da familia Neogoveidae, descrita por vez primeira por Ligia Benavides e Gonzalo Giribet en 2013.[1]

Taxonomía editar

Huitaca boyacaensis adoitaba clasificase na familia Ogoveidae (2003) mais foi reclasificado como Neogoveidae (2007).[2][3]

Etimoloxía e hábitar editar

 
Estrada preto de Arcabuco, hábitat de Huitaca boyacaensis.

Tanto o xénero Huitaca como o epíteto da especie, boyacaensis, foron nomeados na honra da cultura dos muiscas; Huitaca foi a deusa de liberación sexual na relixión muisca e Boyacá é un dos departamentos de Colombia onde viviron os muiscas.

O holotipo foi descuberto preto da estrada dende Arcabuco até Moniquirá no Altiplano Cundiboyacense a unha altitude de 2559 m. Foron recollidos dezanove exemplares paratipos no mesmo lugar, oito machos, seis femias e cinco exemplares xuvenís.[4]

Notas editar

  1. Benavides & Giribet, 2013, p.1
  2. Former taxonomy in Ogoveidae - Insectoid Info - consultado o 06 de maio de 2016
  3. Giribet et al., 2011, p.4
  4. Benavides & Giribet, 2013, p.21

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar