Hughes TH-55 Osage

O Hughes TH-55 Osage é un helicóptero lixeiro de adestramento con motor de pistóns producido para a Armada dos Estados Unidos. Tamén foi producido como a familia Model 269 de helicópteros utilitarios lixeiros, algúns dos cales foron comercializados como Model 300. O Model 300C foi fabricado e desenvolvido aínda máis por Schweizer Aircraft despois de 1983.

Hughes TH-55 Osage
Tipohelicóptero de adestramento e utilitario lixeiro
FabricanteHughes Helicopters
Primeiro voo2 de outubro de 1956
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Produción1961 - 1983
Unidades construídas2 800
VariantesSchweizer 300

Desenvolvemento

editar

En 1955 Hughes Tool Company's Aircraft Division realizou unha enquisa de mercado que amosou que existía demanda para un helicóptero lixeiro bipraza de baixo custo. A división comezou a construír o Model 269 en setembro de 1955. Inicialmente deseñouse cunha cabina totalmente acristalada con asentos para dous pilotos, ou un piloto e un pasaxeiros. Tamén tiña unha estrutura aberta na fuselaxe e un rotor articulado de tres pás. O prototipo voou o 2 de outubro de 1956,[1] pero non foi ata 1960 cando se tomou a decisión de desenvolver o helicóptero para produción. A pluma de cola orixinal con entramado foi substituída por unha tubular e a cabina foi reestruturada e refinada antes de entrar en produción, resultando no Model 269A. Con este modelo Hughes fíxose con éxito cunha gran porción do mercado de helicópteros civís[1] cunha aeronave que sería popular en traballos agrícolas, na policía e noutras tarefas.

  1. 1,0 1,1 "Military helicopters". Evergreen Aviation & Space Museum. 2012-06-29. Archived from the original on 29 de xuño de 2012. Consultado o 2022-06-01.