Hrosvitha de Gandersheim
Hrosvitha de Gandersheim, nada en Saxonia cara ao 935 e finada despois do 973, foi unha poeta e dramaturga en lingua latina, autora, entre outras, das obras protagonizadas por Paio, lendario mártir galego na corte de Abderramán III.
Hrosvitha de Gandersheim | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 935 |
Ducado da Saxônia | |
Falecemento | 1002 |
Bad Gandersheim | |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | dramaturga, hagiographer, poeta, escritora e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Pouco se sabe da vida desta escritora. Probablemente naceu no seo dunha familia nobre de Saxonia. Foi canonesa na abadía bieita de Gandersheim, dotada dunha extraordinaria biblioteca.
ObraEditar
É considerada por moitos como a primeira poeta alemá. Consérvase dela un ciclo de seis comedias, un ciclo de oito lendas e dúas obras de historia: unha biografía do emperador Otón I e unha historia das orixes de Gandersheim.
Traducións ao galegoEditar
- Obra dramática, Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior, 2000.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Angueira, A.: (2007). Nota 112 en Méndez Ferrín, X. L. Bretaña, Esmeraldina, páx. 286. Eds. Xerais.