How I Met Your Mother
How I Met Your Mother é unha comedia de situación da televisión estadounidense ambientada na cidade de Nova York que comezou a emitirse na CBS o 19 de setembro de 2005, creada por Craig Thomas e Carter Bays gañou catro Premios Grammy.
How I Met Your Mother | |
---|---|
Formato | Sitcom |
Creado por | Carter Bays Craig Thomas |
Dirixido por | Pamela Fryman Rob Greenberg |
Intérpretes | Josh Radnor (Ted Mosby) Jason Segel (Marshall Eriksen) Cobie Smulders (Robin Scherbatsky) Neil Patrick Harris (Barney Stinson) Alyson Hannigan (Lily Aldrin) |
Tema de apertura | "Hey Beautiful" de The Solids |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 208 (9 temporadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Carter Bays Pamela Fryman Rob Greenberg Craig Thomas |
Localización(s) | Nova York |
Cámara | Multicámara |
Duración | 22 min. aprox. por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Formato de imaxe | 480i (4:3 SDTV) 1080i (16:9 HDTV) |
Primeiro episodio | 19 de setembro de 2005 |
Derradeiro episodio | 31 de marzo do 2014 |
Na rede | |
http://www.cbs.com/primetime/how_i_met_your_mother/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Consta de nove tempadas, cun total de 208 episodios.
Argumento
editarA serie baséase na propia vida dos creadores e dos seus amigos. A serie xira en torno á vida de cinco amigos, contada polo protagonista da serie Ted Mosby (Josh Radnor), que lles explica a seus fillos no ano 2030 os sucesos que conduciron ó encontro con súa nai, explicando o título (en galego Como coñecín a vosa nai) e permite unha narración en pasado, que é unha das orixinalidades da serie, comportando numerosos retornos temporais. Outros personaxes da serie son Marshall Eriksen (Jason Segel), Robin Scherbatsky (Cobie Smulders), Barney Stinson (Neil Patrick Harris) e Lily Aldrin (Alyson Hannigan). O tema da serie é a canción "Hey Beautiful" dos grupo The Solids do que son membros os creadores.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: How I Met Your Mother |