Hovnan Derderian, nado como Vahram Derderian o 1 de decembro de 1957 en Beirut (Líbano),[1] é un arcebispo apostólico armenio, actual primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.

Hovnan Derderian
Arcebispo da Igrexa Apostólica Armenia
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1957 en Beirut, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de xuño de 1980, por Vazken I
Consagración episcopal7 de outubro de 1990, por Vazken I
Primado de Estados Unidos Occidentais
3 de maio de 2003 - actualidade
PredecesorVatche Hovsepian

Traxectoria editar

Entre 1970 e 1975 estudou no seminario teolóxico da Santa Sé de Cilicia, e posteriormente continuou os seus estudos no de Etchmiadzin.

O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote célibe[nota 1] polo catholicos Vazken I, e tomou o nome monástico de "Hovnan".[1]

Entre 1980 e 1983 estudou Teoloxía no St Stephen's House da Universidade de Oxford. Logo de se graduar, ensinou Historia da Igrexa e Música Litúrxica no seminario de Etchmiadzin. En 1984 foi elevado a vardapet, ao obter o doutoramento en Teoloxía.

A partir de 1984 exerceu como pastor no Canadá, nunha igrexa de Toronto. En 1990 foi elixido primado da diocese do Canadá, e foi consagrado bispo o 7 de outubro de 1990 por Vazken I.[1] En 1993 foi elevado a arcebipo. En 1995 e 2000 foi reelixido por segunda e terceira vez primado do Canadá.

O 3 de maio de 2003 foi elixido primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais.

Notas editar

Notas
  1. Na Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Western Diocese Press, ed. (2008). History of the Western Diocese: 80 years of service 1927-2007. Burbank, California. p. 99. OCLC 263178824. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Títulos relixiosos
Predecesor:
Vazken Keshishian
 Primado do Canadá 
1990 - 2003
Sucesor:
Bagrat Galstanyan
Predecesor:
Vatche Hovsepian
 Primado dos Estados Unidos Occidentais 
2003 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)