House of the Dragon

serie de televisión estadounidense

House of the Dragon é unha serie de televisión estadounidense creada por Ryan Condal e George R. R. Martin para HBO. É a precuela de Game of Thrones (2011–2019), e é a segunda serie da franquía. Ámbalas dúas series están baseada na saga da novelas A Song of Ice and Fire de Martin. Condal e Miguel Sapochnik son os showrunners. Está baseada en partes da novela Fire & Blood, e a historia está ambientada 200 anos antes dos eventos de Game of Thrones, e 172 anos antes do nacemento de Daenerys Targaryen. Conta o principio do fin da casa Targaryen, os acontecementos que levaron e cubriron a guerra de sucesión Targaryen, coñecida como a "Danza dos Dragóns".

House of the Dragon
FormatoAcción
Aventuras
Fantasía
Drama
Creado por
Desenvolvido por
  • GRRM
  • Bastard Sword
  • 1:26 Pictures Inc.
  • HBO Entertainment
Intérpretes
Tema de apertura"Main Title" de Ramin Djawadi[1]
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios10
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)
Duración53–66 minutos
DistribuidorWarner Bros. Domestic Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Formato de imaxe
Primeiro episodio21 de agosto de 2022
Na rede
https://www.hbo.com/house-of-the-dragon
IMDB: tt11198330 Filmaffinity: 388341 Allocine: 25633 Rottentomatoes: tv/house_of_the_dragon Metacritic: tv/house-of-the-dragon
Facebook: houseofthedragon Twitter: HouseofDragon Instagram: houseofthedragonhbo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

House of the Dragon recibiu un pedido directo para a serie en outubro de 2019, a selección do elenco comezou en xullo de 2020 e a fotografía principal comezou en abril de 2021 no Reino Unido. A serie estreouse o 21 de agosto de 2022 e a primeira tempada consta de dez episodios. Cinco días despois da súa estrea, a serie foi renovada para unha segunda tempada. Sapochnik saíu como showrunner despois da primeira tempada, deixando a Condal como único showrunner para a próxima tempada.

  1. "Ramin Djawadi to Score HBO's 'Game of Thrones' Prequel 'House of the Dragon'". Film Music Reporter. 2 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.