Hospital de la Santa Creu de Barcelona

(Redirección desde «Hospital de la Santa Creu»)

O Hospital de la Santa Creu (en galego: Hospital da Santa Cruz) é un edificio gótico do século XV, situado na cidade de Barcelona, que se creou coa finalidade de axuntar nun só edificio os diferentes hospitais que había na cidade.

Hospital de la Santa Creu de Barcelona
Galería do Hospital de la Santa Creu de Barcelona

Tipoconxunto arquitectónico e antigo hospital Editar o valor en Wikidata
EpónimoVera Cruz Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica, arquitectura do Renacemento e arquitectura barroca Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°22′52″N 2°10′12″L / 41.3811, 2.17
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Casco velloCiutat Vella de Barcelona
Barrio administrativoEl Raval Editar o valor en Wikidata
EnderezoHospital, 56 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1401 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
IdentificadorRI-51-0000419

Ben Cultural de Interese Nacional
Codi BCIN29-MH Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0000419 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC33 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona691 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Creu de l'Hospital de la Santa Creu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia e características

editar

A primeira pedra do Hospital púxose o 1401 coa presenza do rei Martiño I. O edificio, obra de Guillem d'Abriell, planificouse dunha maneira grandiosa en catro ás de construción con dúas plantas que rodeaban un patio porticado, segundo o coñecido modelo oriental.

En 1414 a obra estaba rematada na súa maior parte, un século despois remprendeuse o que faltaba, utilizando unha técnica construtiva máis depurada. Durante o século XVI, nunha das diversas reformas que sufriu, derrubouse unha das ás e construíuse un outro patio porticado unido ó primeiro, onde actualmente se conserva a grande escaleira monumental que da acceso á sala de lectura da Biblioteca de Cataluña.

O conxunto de edificios inclúe unha pequena igrexa gótica que da á rúa Hospital e unha casa do século XV (antigo arquivo do Hospital) con pórtico flamíxero.

En 1703 Antoni Viladomat i Manalt, un dos pintores barrocos cataláns máis importantes, pintou a capela de San Pau.

No remate do século XIX o hospital quedou obsoleto polo crecemento da cidade e os novos avances da medicina e a hixiene e decidiuse trasladalo a unha nova localización, o Hospital de Sant Pau, que foi construído entre 1902 e 1930.

En 1926 o concello mercou o edificio e iniciou a reconstrución. Actualmente o conxunto inclúe a sede da Biblioteca de Cataluña (desde 1939), do Institut d'Estudis Catalans (dende 1931), da Escola Massana (dende 1935) e dúas bibliotecas públicas da Deputación de Barcelona (as de San Pau e Santa Creu).

O 3 de xuño de 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico de Interese Nacional.

Véxase tamén

editar