Hospital Nicolás Peña

hospital en España

O Hospital Nicolás Peña, tamén coñecido popularmente como Hospital Municipal, é un centro hospitalario público situado no centro de Vigo, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Hospital Nicolás Peña
Edificio
LocalizaciónVigo
Coordenadas42°13′31″N 8°43′41″O / 42.225277777778, -8.7280555555556Coordenadas: 42°13′31″N 8°43′41″O / 42.225277777778, -8.7280555555556
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Vigo inaugurou o seu primeiro hospital municipal no ano 1895, que primeiramente se chamou Hospital Elduayen[1]. En 1918, ante o incremento da poboación do concello, decidiuse construír un novo hospital na situación actual.

Comezou a funcionar en 1922[2]. Os edificios, segundo os planos de Manuel Gómez Román e Jacobo Esténs, tiñan a configuración típica deste tipo de centros nesta época: un xardín ou parque onde se construíron tres pavillóns para atención dos enfermos.

Ata os anos noventa, atendía aos chamados enfermos "de beneficencia", aqueles que carecían da protección da Seguridade Social.

En 1994 integrouse no Servizo Galego de Saúde, pasou a ser un hospital para o tratamento de pacientes crónicos. Construíuse un novo edificio de hospitalización e reformáronse tódolos pavillóns.

Tamén se lle cambiou o nome e se lle puxo o de Nicolás Peña (†1991), un médico vigués de orixe burgalesa que fora director do hospital.

Servizos editar

A apertura do novo Hospital Álvaro Cunqueiro, no ano 2015, foi causa tamén dunha reestruturación dos servizos sanitarios que se viñan prestando nos outros hospitais públicos da área, con peches e reasignación de competencias[3]. No que atinxe a este hospital o principal cambio viu polo peche dos servizos psiquiátricos do Hospital do Rebullón e o seu traslado ao Nicolás Peña[4], que se fixo efectivo os días 19 e 20 de xaneiro de 2016. O hospital acolle:

  • Pavillón 1: Administración e Dirección. E os servizos de Contabilidade, Facturación e C.Administrativa do CHUVI
  • Pavillón 2: Centro de Saúde de Atención Primaria. E a base medicalizada do 061.
  • Pavillón 3: Unidades de Saúde Mental de adultos e Infanto-Xuvenil.
  • Pavillón 4: Base do Centro de Transfusións de Galicia e o Hospital de día de Psiquiatría.
  • Novo edificio de hospitalización: servizos xerais do hospital, centrais, admisión e hospitalización de psiquiatría, tanto de longa como de media estancia. Tamén o servizo de subministración de todo o CHUVI e capela.
  • Pavillón 7: antiga capela, a actual está no novo edificio de hospitalización.
  • Pavillón 8 (antiga lavandería): Servizo de Mantemento e outros.

Notas editar

  1. "Nace el hospital municipal" (en castelán). Consultado o 2019-02-01. 
  2. "Cronología de Vigo. Siglos XX-XXI". Vigopedia (en castelán). 2014-02-28. Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Inicio - Xerencia Xestión Integrada de Vigo". xxivigo.sergas.gal. Consultado o 1-2-2019. 
  4. "El cierre del Rebullón pone fin a los traslados de pacientes". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 1-2-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar