Hortensia Blanch

escritora mexicana
(Redirixido desde "Hortensia Blanch Pita")

Hortensia Blanch Pita, coñecida como Silvia Mistral, nada na Habana en 1914 e falecida en México o 21 de agosto de 2004, foi unha escritora galega.

Hortensia Blanch
AlcumeSilvia Mistral
Nacemento1 de decembro de 1914
 A Habana
Falecemento26 de xullo de 2004 e 21 de agosto de 2004
 Cidade de México
NacionalidadeMéxico
Ocupaciónescritora e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu pai era catalán e a súa nai era de Vilalba, onde Silvia Mistral pasou boa parte da súa infancia. En 1926 volveu a Cuba coa familia e en 1931, logo da proclamación da República, instálase tamén coa familia en Barcelona. Alí comeza a súa relación co movemento anarquista, ao tempo que traballa nun laboratorio químico, e como xornalista escribindo artigos para diversos medios. Axiña se especializou en crítica cinematográfica e en 1936 comezou a traballar para a delegación da Paramount Pictures en España.

Durante a guerra participa da retagarda republicana escribindo artigos para distintos medios, e en 1939 marcha ao exilio a campos de concentración de refuxiados en Francia. Aos poucos meses marchou para México, onde se dedicou a escrita como xornalista, especializada en cine, e tamén como novelista.

Vida persoalEditar

Estivo casada co dirixente anarquista Ricardo Mestre.

ObraEditar

  • Éxodo, diario de una refugiada española (1940)
  • Violetas imperiales
  • Madréporas
  • La cola de la sirena
  • El niño de la banda
  • La cenicienta china

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar