Hoplobatrachus rugulosus
Hoplobatrachus rugulosus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Rana tigrina ssp. pantherina Steindachner, 1867 |
Hoplobatrachus rugulosus é unha especie asiática de ra da familia Dicroglossidae. Encóntrase en Camboxa, a China, Hong Kong, Laos, Macau, Malaisia, Myanmar, Filipinas, Taiwán, Tailandia e Vietnam. Os seus hábitats naturais son os pantanos de auga doce, pantanos de auga doce intermitentes, terras cultivables, pasteiros, xardíns rurais, áreas urbanas, lagoas, estanques de acuicultura, escavacións abertas, terras regadas, terras agrícolas inundadas estacionalmente, canles e regos.[1] Reprodúcense en primavera ou comezos do verán.[2]
A variedade domesticada Thai e as poboacións silvestres chinesas de H. rugulosus pertencen a dúas liñaxes xenéticas separadas.[3] Yu et al. (2015) suxiren que H. rugulosus podería en realidade ser un complexo de especies crípticas.[3]
Descrición
editarÉ unha ra grande e robusta de 12 cm ou máis de lonxitude do fociño ao ano.[2] As femias son meirandes que os machos. Son principalmente insectívoras.[4]
Uso
editarEstas ras cómense en Asia, malia seren moito máis pequenas que as que se adoitan comer en Occidente, e na China cómense as ancas e en Filipinas cómense adobadas. Na China as patas posteriores e anteriores da ra frítense en aceite, mentres que no método do adobo (no cal se utiliza a ra enteira) son cociñadas en prebe de soia e vinagre.
As ras encóntranse comunmente en mercados e tendas de animais. Nos mercados véndense por pezas ou por quilo. As ras de mediano tamaño véndense como animal de compaña en tendas de animais e as variantes máis pequenas véndense vivas como alimento para os peixes arowanas de acuario. Son criadas en grandes cantidades en Sichuan, outras partes da China, Malaisia e Tailandia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Arvin Diesmos; Peter Paul van Dijk; Robert Inger; Djoko Iskandar; Michael Wai Neng Lau; Zhao Ermi; Lu Shunqing; Geng Baorong; Lue Kuangyang; Yuan Zhigang; et al. (2004). "Hoplobatrachus rugulosus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2004: e.T58300A11760194. doi:10.2305/IUCN.UK.2004.RLTS.T58300A11760194.en. Consultado o 16 January 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Lue, Kuang-Yang. "Hoplobatrachus rugulosus". BiotaTaiwanica. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 December 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Yu D, Zhang J, Li P, Zheng R, Shao C (2015) Do Cryptic Species Exist in Hoplobatrachus rugulosus? An Examination Using Four Nuclear Genes, the Cyt b Gene and the Complete MT Genome. PLoS ONE 10(4): e0124825. doi:10.1371/journal.pone.0124825
- ↑ Lin, Z.; Ji, X. (2005). "Sexual dimorphism in morphological traits and food habits in tiger frogs, Hoplobatrachus rugulosus in Lishui, Zhejiang" (PDF). Zoological Research 26 (3): 255–262.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoplobatrachus rugulosus |