Honorato IV de Mónaco

político francés

Honorato IV, nado en París, o 17 de maio de 1758 e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1819, tamén en París, foi o príncipe soberano de Mónaco de 1795 até 1819.

Honorato IV de Mónaco
HonoriusIV.jpg
Nacemento17 de maio de 1758
Lugar de nacementoParís
Falecemento16 de febreiro de 1819
Lugar de falecementoParís
SoterradoCatedral de Nossa Senhora Imaculada e Cemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico
PaiHonorato III de Mónaco
NaiMaria Catarina de Brignole
CónxuxeLuísa d'Aumont
FillosHonorato V de Mónaco e Florestán I de Mónaco
IrmánsJoseph Marie Jérome Honorè Grimaldi
Na rede
WikiTree: Grimaldi-8 Find a Grave: 7832651 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi fillo de Honorato III de Mónaco e de Marie Catherine de Brignole. Casou en París o 15 de xullo de 1777 con Louise Félicité Victoire d'Aumont, duquesa de Mazarin e da Meilleraye, de quen se divorciaría en 1798. Deste matrimonio nacerán Honoré e Florestan, ambos os dous príncipes reinantes de Mónaco.

Aínda que sucedeu no título a seu pai en 1795, non puido ostentar, de xeito efectivo o título até o 30 de maio de 1814 por mor da ocupación francesa do principado. No momento da ocupación, Honorato IV foi encarcerado durante varios anos. Como consecuencia do cárcere, soportou varias enfermidades que o incapacitaron nos últimos anos polo que, despois do restablecemento do Principado, estableceuse unha rexencia para gobernar no seu nome. Esta rexencia, nun primeiro momento, levouna a cabo o seu irmán Joseph Grimaldi e, dende 1815, o seu fillo, o Príncipe herdeiro Honorato que, en 1819, sucedeuno como Príncipe Soberano co nome de Honorato V.[1]

Predecesor:
Honorato III de Mónaco
Príncipe de Mónaco
1795 - 1819
Sucesor:
Honorato V de Mónaco

NotasEditar

  1. de la Canorgue, Victor (1851). Les règnes d'Honoré V et de Florestan I, princes de Monaco (edición dixital). Universidade de Lausanne. Consultado 02-11-2018

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.