Hodonimia

A hodonimia[1] (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da onomástica que se refire aos topónimos que consisten no nome da vía de comunicación, tanto natural coma artificial, que os caracteriza.

Hodónimos recoñeciblesEditar

Algúns topónimos referentes a construcións humanas poden considerarse tamén hodónimos, como Ponte e A Ponte, por exemplo. Deste nome derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.

Os nomes das rúasEditar

Por hodonimia tamén se entende o estudo dos nomes que se dá ás rúas e calquera tipo de vía nos núcleos de poboación[2], como avenidas, prazas, calellas, ruelas, paseos, bulevares, roldas, glorietas, e mesmo parques urbanos e xardíns públicos.

NotasEditar

  1. Aínda que ás veces se ve escrito sen o h inicial, a súa etimoloxía e a ortografía prescrita polo VOLG para palabras da mesma familia léxica indican que debe escribirse con hache. No VOLG aparecen hodometría e hodómetro reenviadas dende as formas sen hache, pero ningunha palabra co prefixo odo- que teña este significado. Con todo, no seu uso como sufixo, perde o hache etimolóxico: ánodo, cátodo ou díodo son exemplos disto.
  2. "A IV Xornada de Onomástica Galega chama a recuperar o patrimonio da toponimia tradicional nos nomes das rúas - Actualidade-Novas - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-05-25. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.