Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur

Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur[1] é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do reino de Galicia.[2]

Escudo de Lugo vixente dende 2012.
Detalle dun mapa cartográfico feito por Ioannes Baptista Vrints, séc. XVII, coa lenda Hoc mysterium firmiter profitemur.
IN HOC MISTERIVM FIDEI FIRMITER PROFITEMVR

CaracterísticasEditar

A súa tradución literal é: "Aquí confesamos firmemente este misterio da fe", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome de "A Cidade do Sacramento".

O propio lema foi trasladado dende o escudo do reino de Galicia, onde o atopamos en representacións gráficas a partir do século XVII.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar