Historia de Xosé o carpinteiro

A Historia de Xosé o Carpinteiro é un texto orixinariamente escrito en copto no século III ou IV considerado polo seu contido como un dos evanxeos apócrifos da infancia de Xesús de Nazaret. Apareceu no século XVIII

Contido editar

Presenta unha revelación de Xesús que narra no monte das Oliveiras a historia de Xosé de Nazaret dende a súa viuvez ata a súa morte, pasando polo casamento con María de Nazaret, o nacemento de Xesús, a fuxida a Exipto, a súa enfermidade e morte. Xesús chámao meu pai segundo a carne, e descríbeo como un carpinteiro xa maior, humilde, agarimoso e xusto.

Resulta significativo que tente explicar porque María era coñecida tamén como a nai de Santiago o Xusto, amosando como o agarimou cando se encontrou a este como un neno orfo e desvalido e como o acariñou e coidou.

Recolle tamén o nome das fillas de Xosé: Lisia e Lidia.

A historia ten un fin catequético, o propio Xesús di no Evanxeo: téñovos dito moitas veces, e repítovolo agora, que ningún forte salvarase pola súa propia forza e ningún rico pola contía das súas riquezas

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Piñero, A. Jesús, la vida oculta: revelada por los evangelios rechazados por la Iglesia. Esquilo 2007 ISBN 987-989-8092-04-5
  • Santos Otero, A. Evangelios apócrifos, BAC Madrid 2004 ISBN 84-7914-504-8