Historia de Houston

Houston é unha cidade do estado de Texas, nos Estados Unidos.

Houston, 1873

Antes de Houston editar

En 1825, John R. Harris mercou e asentouse nunhas terras na confluencia do Buffalo Bayou co Brays Bayou, que ao ano seguinte deslindou para a venda en lotes, chamando Harrisburgh á nova vila[1]. En 1835 o goberno provisional de Texas fixouna como a súa capital, e ao ano seguinte foi destruída polo xeneral Santa Anna cando comezou a guerra entre México e a recentemente declarada República de Texas (Harrisburg foi reconstruída posteriormente, sendo un barrio do leste da cidade actual). Uns especuladores de terreos de Nova York, os irmáns Allen, viron entón a posibilidade de levantar unha vila na zona, escollendo un lugar oito quilómetros augas arriba de Harrisburg (no encontro do Buffalo Bayou co White Oak Bayou) e ata onde o río era navegable. Alí xa existía un asentamento de colonos alemáns, Germantown, despois Frostown[2].

Fundación editar

En 1836 G. Burden fixo o deslinde das terras mercadas, estendendo ao sur do bayou unha malla de mazás cadradas que os Allen comezaron a vender por parcelas. En honor do heroe da guerra e futuro primeiro presidente de Texas, Samuel Houston (esperando con iso que a cidade fora elixida capital, o que así ocorreu de maneira provisional entre 1837 e 1839), chamaron a súa fundación Houston[3]. O éxito foi inmediato, froito da publicidade nos xornais moitos emigrantes foron atraídos de tódolos Estados Unidos e tamén de Europa[4].

O porto no bayou editar

 
Houston, 1891

O primeiro crecemento veu da man do porto situado na confluencia dos bayou, onde un peirao xa funcionaba a partir de 1841. Pronto víronse as limitacións do Buffalo Bayou para a navegación. Drenado e ancheado na década anterior a Guerra Civil Americana na que tamén chegou o ferrocarril (1853), foi despois daquela cando o Congreso designou a Houston coma porto exterior, co algodón coma principal exportación, e asignou fondos para converter o bayou nunha canle profunda navegable por grandes barcos (1870-1872). Definitivamente entre 1911 e 1914, o Houston Ship Channel convertese no eixo do Porto de Houston, que chegará a ser o segundo estadounidense e sexto do mundo.

Século XX: a era do petróleo editar

O pulo final á canle foi provocado polo descubrimento en 1901 de petróleo a cen quilómetros da cidade. O crecemento que trouxo a nova riqueza duplicou en cada década a súa poboación (44.000h en 1900; 300.000h en 1930), a converteu no centro ferroviario da rexión e o seu porto na Baía de Galveston na base de operacións das grandes petroleiras da nación.

Houston seguiu expandindo a súa malla urbana no prototípico sprawl metropolitano estadounidense de ocupación extensiva de baixa densidade de vivendas unifamiliares con xardín (apoiado nunha extensa rede de autoestradas[5]), e un centro dos negocios (downtown) con ocupación intensiva de rañaceos de oficinas [6][7].

O desenvolvemento durante todo o século mantivo a súa puxanza apoiado na diversificación industrial (construción naval na IIGM, Texas Medical Center, industria aeroespacial co L.B. Johnson Space Center, maior zona petroquímica do mundo). Grandes continxentes de emigrantes (sinaladamente mexicanos e dos estados en declive do cinto do ferruxe nas últimas décadas) seguen a achegar a man de obra, facendo da cidade a cuarta do país por número de habitantes (2 242 193 en 2008) [8].

 
Panorama de Houston dende o cruzamento de Main Street con Texas Avenue cara ao norte, 1910; ao final de Main St., o porto no Buffalo Bayou.

Notas editar

  1. "Situación de Harrisburgh e Houston (à esquerda) no Buffalo Bayou". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. Situación de Frostown no Bayou e a posterior parcelamento de Houston [1][Ligazón morta]
  3. Plano da fundación de Houston, 1837
  4. "Plano de Houston, Girard 1839". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  5. Vista aérea de Houston co "downtown" ao fondo, 1949
  6. Mapa de Houston, 1913[Ligazón morta]
  7. Mapa da cidade, 1942
  8. Mapa da área metropolitana actual de Houston