Unha histerectomía é a extirpación cirúrxica, total ou parcial, do útero.[1]

Extracción do útero mediante unha histerectomía laparoscópica total

Etimoloxía editar

O termo está formado polos elementos hister- e -ectomía, tirados da voz do grego antigo ὑστέρα hystéra "útero", e do latín científico -ectomia, derivado do grego antigo ἐκτομή ektomḗ "amputación " e do latín científico -ia "-ía", respectivamente.[2]

Xeneralidades editar

A histerectomía é a resección cirúrxica do útero (ou matriz) dunha muller.[3] Pode incluír a extirpación completa do corpo, o fondo e o colo uterino, aínda que se pode deixar o colo nalgúns casos.

A perda do útero provoca unha futura imposibilidade absoluta de aniñar o ovocito ou ovo fecundado, o que impide o desenvolvemento do embrión e, posteriormente, do feto.[4][5][6]

Existe un procedemento cirúrxico que pode recuperar a fertilidade, pero o acceso a el é complicado: o transplante uterino.[4]

Aínda perdéndose o útero poden chegar a subsistir os ovarios, o cal fai posíbel a fecundación asistida de óvulos e o aniñamento no útero doutra muller.[7][8] En países como o Canadá, México, Israel, a India, Rusia, Nova Zelandia ou Suráfrica, así como nalguns estados dos Estados Unidos, é legal.[Cómpre referencia]

Esta intervención tamén se realiza como parte dunha cirurxía de reasignación xenital en homes trans.

Indicacións clínicas editar

Polo xeral esta cirurxía lévase a cabo en pacientes de máis de trinta anos.

Enfermidades que poden requirir unha histerectomía:[Cómpre referencia]

Procedemento cirúrxico editar

 
Representación esquemática da medida dos diferentes tipos de histerectomía.

Existen tres técnicas de histerectomía:

  • Histerectomía abdominal: realízase a través dunha incisión media infraumbilical no abdome, por onde se retira o útero.[9]
  • Histerectomía vaxinal: realízase cunha operación a través da vaxina, por onde se retira o útero.
  • Histerectomía laparoscópica: realízase a través dunha operación cirúrxica chamada laparoscopia, mediante pequenos orificios no abdome duns 5 a 10 mm. Posteriormente retírase ben pola vaxina ou, por partes, a través dos mesmos orificios creados no abdome.[10]

Procedementos alternativos editar

Son outros tipos de tratamentos que en determinadas situacions poden evitar unha histerectomía:[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. histerectomía no Dicionario da RAG.
  2. lobectomía no DRAE.
  3. - Histerectomía en MedlinePuls
  4. 4,0 4,1 "Facts about hysterectomy". Hysterectomy Alternatives and Aftereffects. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  5. "Female Anatomy: the Functions of Female Organs". Hysterectomy Alternatives and Aftereffects. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  6. "Hysterectomy Educational Resources & Services". Hysterectomy Alternatives and Consequences. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  7. Wu, J. M., Wechter, M. E., Geller, E. J. et al. (2003): "Hysterectomy rates in the United States. Obstet. Gynecol. 2007 110 (5):1091-1095. (Amplo resume)
  8. "Are Hysterectomies Too Common?". TIME Magazine. 1 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  9. Masson, Estanislao Navarro-Beltrán Iracet (1992). Diccionario terminológico de ciencias médicas (en español) (13ª ed.). Elsevier, España. p. 3. ISBN 84-4580-095-7. 
  10. Walid, M. S. & Heaton, R. L. (2008). "Laparoscopic extirpation of a 3-kg uterus.". Arch Gynecol Obstet. 279: 607.