Hipopótamo anano de Creta

(Redirección desde «Hippopotamus creutzburgi»)

O hipopótamo anano de Creta (nome científico: Hippopotamus creutzburgi) é unha especie extinta de hipopótamo que viviu na illa de Creta. Chegou despois da crise salina do Messiniense e viviu até o Plistoceno.[1]

Debuxo de Hippopotamus creutzburgi.

Describíronse dous subespecies: Hippopotamus creutzburgi creutzburgi e Hippopotamus creutzburgi parvus, esta última máis pequena que a outra.​[2]

Os ósos de hipopótamo anano de Creta foron descubertos pola paleontóloga Dorothea Bate na meseta de Katharo, ao leste de Creta, na década de 1920.[3]

Unha especie similar, o hipopótamo anano de Chipre (Hippopotamus minor), viviu na illa de Chipre até o Holoceno. Era máis pequena que calquera das dúas subespecies de hipopótamo anano de Creta.

Notas editar

  1. van der Geer A., Lyras G., de Vos J., Dermitzakis M., (2010): Evolution of Island Mammals: adaptation and Extinction of Placental Mammals on Islands. Oxford: Wiley
  2. Kuss, S.E., (1975): Hippopotamus creutzburgi parvus n. ssp., ein pleistozänes Zwergflusspferd von der Insel Kreta. Ber. Naturf. Ges. Freiburg i. Br. 65:5-23
  3. Evans, Arthur: The Early Nilotic, Libyan and Egyptian Relations with Minoan Crete in The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland Vol. 55, Jul. - Dec., 1925 (Jul. - Dec., 1925), pp. 199-228