A hiperpotasemia é un trastorno hidroelectrolítico que afecta ao potasio no que os niveis sanguíneos deste ión están elevados por riba de 5,5 mEq/kg. O potasio é un ion fundamentalmente intracelular, que se introduce na célula cando actúa a insulina, nunha descarga β adrenérxica ou na alcalose. Á súa vez, sae da célula nas acedoses.

Pseudohiperpotasemias editar

Cando unha extracción sanguínea se complica e pasa moito tempo sen que algún tecido reciba sangue, pode ocorrer unha pseudohiperpotasemia. Cando falta sangue aparecen procesos necróticos e acedose, co que o potasio sae da célula xerando na mostra de sangue unha aparente hiperpotasemia. Porén, a concentración do potasio nestas mostras non é representativa da potasemia sistémica.

Causas de hiperpotasemias editar

Existen varios tipos de causas de hiperpotasemias:

  • Escasa excreción renal: o ril non é quen de eliminar o suficiente potasio. Por exemplo, nalgúns enfermos tratados con IECAs.
  • En enfermidades que cursen con elevada morte celular, por exemplo nas hemólises intensas.

Manifestacións clínicas editar

Aparecen nos casos moderados ou graves (potasio por riba de 6 ou 7 mEq/kg). As manifestacións máis notables acontecen a nivel cardíaco. Reflíctense no electrocardiograma con atraso do segmento Q-R e unha maior intensidade da onda T. Nos niveis máis graves aparecen arritmias, descenso da velocidade de condución, taquicardia e finalmente fibrilación.

Tratamento editar

O tratamento primordial deste trastorno baséase en tratar a súa orixe. Por outra banda, é preciso reducir a concentración sérica de potasio mentres actúa o tratamento etiolóxico. Para iso empréganse:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar