Hiperplasia ductal atípica

tumor benigno do seo

A hiperplasia ductal atípica é o termo usado para unha lesión benigna da mama que indica un risco crecente de Cancro de mama.[1] O nome é descritivo da lesión; a HDA é caracterizada por proliferación celular (hiperplasia) dentro dun ou máis ductos mamarios e anormalidades histolóxicas, isto é, células dispostas de forma anormal ou atípica. A HDA é xeralmente asintomática e só acostuma ser detectada nunha mamografía de rastrexo e confirmada por biopsia.

Micrografía de hiperplasia ductal atípica.

Notas editar

  1. "Understanding Breast Changes - National Cancer Institute". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2018.