Hiparquía

Hiparquía (Ιπαρχία), nada en Maronea (Tracia) ca. 346 a. C. e finada ca. 300 a. C., foi unha das primeiras mulleres filósofas.

Hiparquía
Hipparchia of Maroneia Villa Farnesina.jpg
Nacementoc. 350 a. C.
 Maronia
Falecementoc. 310 a. C.
Ocupaciónfilósofa
CónxuxeCrates de Tebas
FillosPasicles
IrmánsMetrocles de Maroneia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmá de Metrocles e de familia acomodada, deixouse levar polos discursos de Crates de Tebas. Agradábanlle tanto a vida e a dialéctica de Crates, que ningunha das vantaxes dos seus pretendentes (como a riqueza, a nobreza e a fermosura) a apartaron de seu propósito, pois para ela só existía Crates. De feito, chegou a ameazar ós seus pais con suicidarse se non casaba con el. Os pais de Hiparquía foron falar con Crates e pedíronlle que falase con ela para que cambiase a súa decisión. Crates tratou de disuadila mais non puido; así que, ao final púxose de pé e espiuse de toda a roupa ante ela e díxolle: "Este é o mozo, esta a túa facenda, delibera ante esta situación. Porque non serás a miña compañeira se non te fas con estes mesmos costumes". A moza fixo a elección e, tomando os mesmas costumes ca el marchou na compaña do seu marido.

Así adoptou o modo de vida dos filósofos cínicos (baseado no desprezo da propiedade e a crítica á orde establecida e ás convencións) e ía con el aos banquetes. Foi precisamente nun banquete na casa de Lisímico onde rebateu a Teodoro o alcumado o Ateo, dirixíndolle o seguinte sofisma: "O que non sería considerado delito se o fixera Teodoro, tampouco será considerado delito se o fai Hiparquía. Teodoro non comete delito se se golpea a si mesmo, logo tampouco o comete Hiparquía se golpea a Teodoro". El non contestou a esta frase pero arrincoulle o vestido. Hiparqía non se inmutou nin se azorou como calquera muller. Senón que, cando el lle dixo: "Esta é a que abandonou a lanzadeira no tear", respondeu: "Eu son, Teodoro. É que che parece que tomei unha decisión errónea sobre min mesma, ao dedicar o tempo que ía investir no tear na miña educación?".

Hiparquía era unha moza boa e compasiva cos pobres, achegábase a eles e prodigáballes axuda. Ademais participaba en torneos de oratoria e felicitábase por dedicar o seu tempo ao estudo no canto de tecer, como facían as mulleres gregas da súa condición.

ObrasEditar

Deixou escritas traxedias de carácter filosófico, como se pode observar neste fragmento:

Non é a miña patria unha soa torre, nin un tellado, mais toda a terra me serve de cidadela e de morada disposta a cobixarme.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar