Abrir o menú principal

Hipólito Cabezas Martínez máis coñecido coma Polito, nado en Vigo en 1940, é un ex futbolista galego. Xogaba na demarcación de dianteiro.

Polito
Información persoal
Nome completo Hipólito Cabezas Martínez
Nacemento 1940
Lugar Vigo, Galiza
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Celta Turista
1960-1964 Celta de Vigo 34 (11)
1960-1961Racing de Ferrol "Cedido" 0 (0)
1964-1965 Racing de Ferrol 0 (0)
1964-1967 UD Melilla 2 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

TraxectoriaEditar

Formado nas categorías inferiores do Celta de Vigo pasou do filial ao primeiro equipo na tempada 1960/61 na Segunda División, porén a causa da súa xuventude foi cedido ao Racing de Ferrol, equipo no que non chegou a debutar en partido oficial.

Non volveu ter peso no primeiro equipo ata a tempada 1962/63, na que foi o máximo anotador do equipo con nove goles, ao igual que o seu compañeiro Abásolo.

Tras deixar o Celta en 1964 volveu ao Racing de Ferrol, pero unha lesión volveu a deixalo sen debutar co equipo departamental. Retirouse do fútbol profesional tras xogar unha tempada no UD Melilla.

Véxase taménEditar