Hipólita Muíño

escritora galega

Hipólita Muíño Lago, coñecida co pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, nada en Ferrol e finada en Valladolid en maio de 1917[1], foi unha escritora galega en galego e castelán .

Hipólita Muíño
Hipólita Muíño Lago 1916.jpg
 Ferrol
Falecementomaio de 1917
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou a carreira de Maxisterio e foi profesora de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal. Colaborou en Almanaque de Ferrol, Revista Gallega, El Correo Gallego, e dun xeito máis esporádico no madrileño El Correo de la Moda, El Regional, El Faro de Ferrol, Suevia, Almanaque Gallego, El Eco de Galicia e Vida Gallega. Publicou diversos contos na prensa entre 1896 e 1920 e foi membro correspondente da Real Academia Galega, entre as súas narracións máis coñecidas salientan A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906). Dende 1914 viviu en Valladolid co seu fillo Federico, catedrático da Normal desta cidade, onde finou.

Vida persoalEditar

Casou con Gerardo Landrove Timiraos, maquinista maior da Armada, e foi nai de Gerardo, Rosa e Federico Landrove Muíño.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Regional, 14-5-1917, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar