Centro Ecuestre de Antela
Coordenadas: 42°06′05″N 07°43′00″O / 42.10139, -7.71667
O Centro Ecuestre de Antela abrangue unha serie de instalacións, dependentes da Deputación Provincial de Ourense, situadas no concello de Sandiás, no antigo predio da lagoa de Antela.
Características
editarEstas instalacións están centradas no fomento da cría cabalar (programa de cría integrado), da formación relacionada co mundo do cabalo (non só os xinetes, senón tamén a profesionais como técnicos en manexo, ferradores, albardeiros etc.).
Estas instalacións contan cunha pista de velocidade (sendo coñecida baixo a denominación de Hipódromo de Antela), de 1.400 metros de longo por 20 de ancho, bancada para público e cun picadeiro de dimensións olímpicas. Nela realízanse xornadas de carreiras, nas que se comprobou o seu excelente comportamento. Por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España.
Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro é o adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia.
Carreiras en 2020
editarO programa de carreiras que se celebrarán no hipódromo de Antela inclúe 4 datas: