Hiodóntidos
Os Hiodóntidos (Hiodontidae) son a única familia da orde Hiodontiformes, peixes teleósteos pertencentes á superorden Osteoglosomorfos (Osteoglossomorpha). Contan unicamente con dúas especies vivas e numerosas fósiles. Son peixes de augas doces distribuídos nos ríos de Norteamérica.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Hiodon_tergisus_NOAA.jpg/300px-Hiodon_tergisus_NOAA.jpg)
Características
editarAlcanzan unha lonxitude máxima de 50 cm. Teñen unha aleta anal moderadamente longa, cuns 20 radios, e separada da aleta caudal, bifurcada.
Clasificación
editarDivídense en catro xéneros, tres deles extinguidos:
- Xénero Eohiodon (extinto)
- Xénero Hiodon
- Hiodon alosoides (Rafinesque, 1819)
- Hiodon tergisus (Lesueur, 1818)
- Xénero Plesiolycoptera (extinto)
- Xénero Yanbiania (extinto)
FishBase non dá ós Hiodontiformes categoría de orde senón que coloca a familia Hiodontidae dentro da orde Osteoglossiformes.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Hiodóntidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hiodóntidos |