Hind Azouz

escritora e xornalista tunisiana


Hind Azouz (tamén escrito Azzuz), nada en Tunes o 18 de agosto de 1926 e finada o 8 de febreiro de 2015[1], foi unha escritora e produtora de radio tunisiana.

Infotaula de personaHind Azouz
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1926 Editar o valor em Wikidata
Tunes, Tunisia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeProtetorado Francês da Tunísia (pt) Traducir (–1956)
Tunisia (1956–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , locutor , radio producer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Azouz tivo formación autodidacta.[2] Discípula de Zoubeida Bchir e Najiya Thamir, está recoñecida como pioneira no campo da radiodifusión.[2] Empregada en Radio Tunis como locutora, tamén liderou como produtora o departamento de proxectos literarios.[3] Publicou relatos en diversas publicacións, como al-Hayah al-thaqafiya, al-Fikr, Qisas, al-Idha'a, al-Mar'a, al-Tarbiya al-shamila, al-'Amal ou al-Sabah. Algúns deses relatos apareceron na escolma Fi-l-darb-al-tawil, de 1969[4], que inclúe tamén pezas de teatro e literatura infantil. Os seus escritos falan de temas de interese das mulleres de clase media do seu país, incluíndo tópicos controvertidos como o control de natalidade ou o aborto.[5]

Foi membro da Unión de Escritores de Tunisia, e secretaria da sección feminina da Agrupación Constitucional Democrática.

Notas editar

  1. "Hind Azouz s'est éteinte". Tunisie Focus (en francés). 9 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "RIP Hind Azouz - Une pionnière de l'audiovisuel en Tunisie". Tekiano. Consultado o 8 de decembro de 2017. 
  3. Radwa Ashour; Ferial Ghazoul; Hasna Reda-Mekdashi (1 de novembro de 2008). Arab Women Writers: A Critical Reference Guide, 1873-1999. American University in Cairo Press. ISBN 978-1-61797-554-7. 
  4. "Hind Azouz". Africultures. 
  5. Kenneth J. Perkins (12 de outubro 2016). Historical Dictionary of Tunisia. Rowman & Littlefield Publishers. pp. 151–. ISBN 978-1-4422-7318-4.