Oben am jungen Rhein

(Redirección desde «Himno nacional de Liechtenstein»)

Oben am jungen Rhein (literalmente, Sobre o alto do xove Rin) é o himno nacional de Liechtenstein. Cántase coa mesma melodía que o himno nacional do Reino Unido, Deus salve á Raíña. As letras foron escritas en 1850 por Jakob Josef Jauch. Ata 1963, o primeiro verso e título era "Oben am deutschen Rhein" ("Sobre o alto do Rin alemán"). A supresión da mención alemá no himno tras 1963 responde ó amplo sentir de ambivalencia cultural cara a expresións relacionadas co nacionalismo alemán despois do período nazi en Alemaña e Austria.

Oben am jungen Rhein
En galego: Sobre o alto do xove Rin
Himno deLiechtenstein Liechtenstein
LetraJakob Josef Jauch
1850
MúsicaDescoñecido
Adoptado1963
Mostra da música
noicon

Letras editar

Letra en alemán Letra en galego

Oben am jungen Rhein
Lehnet sich Liechtenstein
An Alpenhöh'n.
Dies liebe Heimatland,
Das teure Vaterland,
Hat Gottes weise Hand
Für uns erseh'n.

Hoch lebe Liechtenstein
Blühend am jungen Rhein,
Glücklich und treu.
Hoch leb' der Fürst vom Land,
Hoch unser Vaterland,
Durch Bruderliebe Band
Vereint und frei.

Sobre o alto do xove Rin
Atópase Liechtenstein, descansando
Ás alturas alpinas.
Esta querida nai terra,
Esta querida patria (lit. terra dos pais)
Foi escollida por nós polo
Desexo da man de Deus.

Longa vida Liechtenstein,
Florecendo no xove Rin,
Feliz e fiel!
Longa vida ó príncipe da terra,
Longa vida á nosa patria,
Unida polos lazos da irmandade
e libre.