Eusko Abendaren Ereserkia

(Redirección desde «Himno de Euskadi»)

O Eusko Abendaren Ereserkia (literalmente Himno da etnia vasca en éuscaro) é o himno nacional do País Vasco, unha melodía popular e anónima que antigamente se adoitaba interpretar no comezo dos bailes como saúdo á ikurriña.[1]

Eusko Abendaren Ereserkia
En galego: Himno do País Vasco
Himno dePaís Vasco País Vasco
LetraSabino Arana
MúsicaCanción tradicional
AdoptadoDécada de 1930
Mostra da música
noicon
Gravación instrumental do himno

O 14 de abril de 1983 o Parlamento Vasco adoptou esta melodía, sen a letra, como himno nacional do País Vasco tentando que non tivera ningún carácter partidista. Esta adopción non estivo exenta de certa polémica ao haber un movemento númeroso de xente que apostaba pola canción de José María Iparraguirre Gernikako arbola, en galego “a árbore de Gernika”.

Esta mesma melodía foi adoptada polo primeiro Goberno Vasco de 1936 que estivo formado por PNV, PSOE, Partido Republicano, ANV e o Partido Comunista.

O Gora Ta Gora editar

Sabino Arana compuxo un texto adaptándoo a esta melodía, xurdindo así o "Gora ta gora" (Arriba e arriba), o himno do Partido Nacionalista Vasco (PNV).

Letra do Gora ta Gora (en éuscaro) editar

Gora ta Gora Euzkadi
aintza ta aintza
bere goiko Jaun Onari.
Areitz bat Bizkaian da
Zar, sendo, zindo
bera ta bere lagia lakua
Areitz gainean dogu
gurutza deuna
beti geure goi buru
Abestu gora Euzkadi
aintza ta aintza
bere goiko Jaun Onari

Tradución ó galego editar

Arriba e Arriba o País Vasco
gloria e gloria
ó seu bo Deus.
Hai unha árbore do carballo en Biscaia
vello, forte, san
el como a súa lei
na árbore atopamos
a cruz santa
sempre o noso lema
Canta “Arriba o País Vasco”
gloria e gloria
ó seu bo Deus

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2006. Consultado o 23 de xullo de 2006. 

Ligazóns externas editar