Abrir o menú principal

Himalaia

sistema montañoso de Asia
(Redirixido desde "Himalaias")

O Himalaia[1] (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. É a cordilleira máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

O Himalaia
Himalayas.jpg
Vista aérea do Himalaia, O Monte Everest pode observarse cerca do centro da imaxe.
Mapa orográfico da cordilleira do Himalaia.
Localización
Continente/sAsia
País/esFlag of Nepal (with spacing, aspect ratio 4-3).svg Nepal
Flag of Bhutan.svg Bután
Flag of the People's Republic of China.svg China
India India
RexiónAsia Meridional
Coordenadas27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278Coordenadas: 27°59′17.0″N 86°55′31.0″L / 27.988056, -86.925278
Datos
Principais cumesMonte Everest
Cota8846 m msnm
Lonxitude2600 km
Ancho350 km
Orientaciónleste/oeste
TipoOroxenia
RíosRío Indo
Río Ganxes
Río Brahmaputra
Río Yangtzé

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaia influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

NomeEditar

O nome Himalaia vén do hindi hima (neve) + a-laya (morada, fogar). Así mesmo a palabra Himalaia ten a súa orixe na lingua sánscrita, sendo pronunciada cun primeiro 'a' longo e un último 'a' curto, como 'himaal-ya', en vez de 'him-u-l-yu' ou 'him-u-layaa'.

Himal é a palabra nepalesa para "altura", e é usada para denominar as varias rexións do Himalaia: Annapurna Himal, Ganesh Himal, Khumbu Himal, Langtang Himal, Manang Himal e Rolwaling Himal.

Xeoloxía e formaciónEditar

A cordilleira do Himalaia é unha das cordilleiras máis novas do planeta e componse principalmente de rochas sedimentarias e metamórficas. Segundo a teoría moderna da tectónica de placas, o Himalaia é o resultado dunha colisión continental, ou oroxénese, ao longo do limite converxente entre as placas indoaustraliana e euroasiática. Esta colisión iniciouse no Cretáceo superior (fai preto de 70 millóns de anos), cando a placa indoaustraliana (que se transforma posteriormente na placa índica e a placa australiana[2]), que se desprazaba cara ao norte a unha velocidade de 15 centímetros por ano, chocou coa placa euroasiática. A parte do océano de Tetis, que as separaba, desapareceu completamente fai preto de 50 millóns de anos. A placa da India continúa movéndose a unha velocidade constante duns 5 centímetros por ano, subducindose baixo a placa euroasiática e causando a elevación dos Himalaias e da meseta tibetana.

A placa da India empuxa e distorsiona a litosfera asiática en máis de 3000 km ao norte dos Himalaias. O Tíbet está cortado por grandes fallas que absorben esta deformación. No lado este de o empuxe da India, a cadea de Arakan e as illas de Andaman e Nicobar no Océano Índico tamén foron creadas polo movemento entre a India e Eurasia.

Esta intensa actividade tectónica fai que a rexión sexa moi activa desde o punto de vista sísmico. Por outra banda, están documentadas no extremo sur dos Himalaias terremotos históricos de magnitude 8 ou máis. O movemento continuo desas placas indica que o Himalaia continua a aumentar de tamaño. Os xeólogos estiman que o Himalaia crecerá de 8 a 10 cm por ano se o movemento de placas fose o único factor. Existen aínda, no entanto, forzas de erosión que diminúen a altura das montañas. O crecemento medio do Himalaia é de aproximadamente 2.5 a 5 cm por século.

XeografíaEditar

O Himalaia esténdese sobre máis de 2.400 km no sentido dos paralelos xeográficos, desde o Nanga Parbat, no Paquistán, no oeste, até o Namche Barwa, no Tíbet, no leste. Estruturalmente componse de tres cadeas paralelas dispostas en rango de altitude e de período xeolóxico.

A máis meridional e nova das cadeas é a denominada «Sub-Himalaia » (outeiros de Shivalik), e levántase até uns 1.200 metros de altitude. Creouse pola acción erosiva logo da formación do Himalaia. En paralelo a esta cadea, e en posición intermedia, encontramos o «Baixo Himalaia », un cordal con alturas que oscilan entre os 2.000 e os 5.000 metros. Por último, a cadea máis setentrional é o «Grande Himalaia », que é tamén o cordal máis antigo dos tres. Este érguese a máis de 6.000 metros de altitude e comprende as cimas máis altas do mundo, das que as tres primeiras correponden ao Everest, o K2 e o Kanchenjunga.

O Himalaia cobre a maior parte de Nepal e Bután e ocupa case por enteiro o estado paquistaní de Balistan e os estados federais indios seguintes: Jammu, Kashmir (Caxemira), Himachal Pradesh, Uttaranchal, Sikkim e Arunachal Pradesh. O Himalaia cobre tamén unha pequena parte do sueste do Tíbet, máis a maior parte deste país, formado polo altiplano tibetano, non forma parte do Himalaia.

PaisaxeEditar

Recursos naturaisEditar

ClimaEditar

En altura, e a grandes trazos, no Himalaia pódese falar de tres tipos de clima: o pé das montañas é o dominio do clima tropical monzónico. En altura a uns 3.000 metros reina un clima temperado monzónico e a partir dos 5.000 a 6.000 metros é un dominio do clima alpino ou mesmo do polar.

A banda meridional da cadea do Himalaia está rexida polos monzóns. O monzón de verán é un vento que procede do suroeste, que se carga de humidade e solta a súa chuvia sobre o oocidente do subcontinente indio e a zona sur do Himalaia, onde descarga por convección, ao ascender nas ladeiras montañosas. O monzón de inverno é un vento terral que procede do nordeste do continente; é un vento seco, árido.

Flora e faunaEditar

A fauna e a flora do Himalaia varía co clima, as precipitacións, a altitude e o chan. O clima tropical predomina ao pé das montañas, mentres a neve perpetua caracterizan aos cumes máis altos. A alta precipitación anual aumenta de oeste a leste sobre a fronte da cadea. Esta variedade de clima, altitude, precipitacións e de chan xera comunidades de plantas, animais e ecosistemas moi diversos.

Os bosques das chairasEditar

Na chaira Indo-ganxeática na base das montañas, chaira aluvial drenada polos sistemas fluviais dos ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra, a vexetación varía de oeste a leste segundo as precipitacións. A rexión do noroeste caracterízase por bosques xerófilos espiñentos que ocupan as chairas de Paquistán e o Punjab indio. Máis ao leste, os bosques húmidos de folla caduca bordean as cabeceiras do Ganxes en Uttar Pradesh e os do curso inferior ocupan o estado de Bihar e o oeste de Bengala. Estes bosques están suxeitos aos ventos monzóns, e os de folla caduca perden as súas follas durante a estación seca. Os bosques tropicais, debido ao ambiente máis húmido do val do Brahmaputra, ocupan as chairas de Assam.

O cinto de TeraiEditar

Por encima das chairas aluviais esténdese a rexión de Terai, pantanos estacionais formados por chans areosos e arxilosos. As choivas son máis abundantes do que o son nas chairas, e as correntes dos ríos que descenden desde o Himalaia desaceleranse na zona de Terai, onde se desbordan, e depositan así un limo fértil durante o monzón, máis tarde baixan con menos caudal debido á estación seca. A capa freática da rexión de Terai está elevada, e a parte central do cinto de Terai está composta por sabanas e pastizais da rexión de Terai-Duar, mosaico de pradeiras e estepas, de bosques sempre verdes de folla ancha e algunhas das maiores zonas de pradeiras do mundo. Os pastizais do cinto de Terai son o fogar do rinoceronte indio (Rhinoceros unicornis).

O cinto de BhabharEditar

Por encima do cinto de Terai atópase unha zona montañosa coñecida como o Bhabhar, onde o chan é poroso e rochoso, consistente nos restos de rochas das montañas superiores. O Bhabhar e a parte baixa das cadeas de Shivalik caracterízanse por ter un clima subtropical. Nesta zona subtropical predominan os piñeiros, principalmente o piñeiro chir (Pinus roxburghii), que ocupan o extremo occidental, e ocupando a parte central, os bosques temperados caducifolios, onde predomina a Shorea (Shorea robusta).

Os bosques de montañaEditar

A mediana altitude, os bosques tropicais dan paso a bosques de montaña de frondosas (ao oeste) e preto de Assam e Arunachal Pradesh. Por encima, sobre todo no leste, crecen os bosques de coníferas e frondosas.

Os arbustos e prados alpinosEditar

Nos cumes máis altos do Himalaia predomina a tundra. As pradeiras son o fogar do leopardo das neves (Panthera uncia), unha especie en perigo de extinción.

Os eixos de circulaciónEditar

 
O Himalaia en Yumesongdong en Sikkim, no val de Yumthang.

O terreo accidentado da cordilleira do Himalaia fai que haxa moi poucos camiños posibles para viaxar entre as montañas. As principais rutas son:

DemografíaEditar

A superficie cuberta polo Himalaia abranxe uns 594.000 km2, que se estenden por oito países. Pero este enorme cordal forma parte dunha zona maior denominada Área do Hindu Kush-Himalaia, que comprende, entre outras rexións, as cadeas do Hindu Kush e o Pamir e as do Karakorum, estas últimas son unha prolongación do Himalaia por occidente. Este vasto conxunto montañosos acolle, nos inicios do século XXI, uns 140 millóns de persoas.

Picos importantesEditar

Superan os oito mil metros de altura os 14 seguintes:

 
Vista satelital da cordilleira.

Entre os que superan os sete mil metros:

Alpinistas e exploradores do HimalaiaEditar

  • George Leigh Mallory (1886-1924), alpinista británico que tomou parte nas tres primeiras expedicións que se propoñían escalar o Everest, e probablemente o primeiro home que coroou o Monte Everest, faleceu no descenso.
  • Andrew Irvine (1902-1924), foi un montañista británico que tomou parte da "Terceira Expedición Británica" ao Monte Everest. Xunto con George Leigh Mallory probablemente coroou a cima do Everest, desapareceu xunto a Mallory no descenso.
  • Heinrich Harrer (1912 - 2006), alpinista austríaco, autor de Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama (Sete Anos no Tibet. A miña vida na corte do Dalai Lama).
  • Nazir Sabir, explorador de Paquistán, primeiro alpinista en escalar, unha tras outra, dúas montañas de máis de 8000 m de altitude (Broad Peak e Gasherbrum II).
  • Sir Edmund Hillary (1919-2008) explorador de Nova Zelandia e Tenzing Norgay (1914 - 1986) Sherpa nepalí que, formando equipo, foron os primeiros en chegar á cima do Everest en 1953.
  • Jerzy Kukuczka (1948 - 1989), escalador polaco, considerado un dos mellores escaladores de todos os tempos. Escalou os 14 cumes de máis de 8000 m de altitude máis rápido que ninguén e abriu 10 novas vías.
  • Reinhold Messner (nacido en 1944), alpinista italiano, considerado un dos mellores escaladores de todos os tempos. Foi o primeiro en escalar os 14 cumes de máis de 8000 m de altitude.
  • Yannick Seigneur (1941 - 2001), montañeiro e autor, entre os grandes do mundo do alpinismo. Primeiro francés que subiu tres 8000, logrou moitas primeiras escaladas no Himalaia, a parte occidental do Makalu, o primeiro de Tawesche, etc.
  • Harish Kapadia (nacido en 1945), alpinista e escritor.
  • Iñaki Ochoa de Olza Seguin (Pamplona, Navarra, 29 de maio de 1967 - Annapurna, Nepal, 23 de maio de 2008) foi un montañeiro español e guía de alta montaña que protagonizou máis de 200 expedicións ao Himalaia, escalando 12 oitomiles ao longo das devanditas expedicións.
  • Paulina Aulestia (Quito, Ecuador, 2 de decembro de 1967) tras dúas expedicións levadas a cabo no 2006 (alcanzou os 8000 metros) e o 2009 (alcanzou os 8600 metros), no ano 2013 convértese na primeira muller ecuatoriana en chegar ao cume do Everest polo lado norte de China, xunto cunha expedición suíza.

Cultura popularEditar

Aspecto político e culturalEditar

O enorme tamaño do Himalaia limitou a migración humana entre o norte e o sur. As diferenzas son significativas cando se comparan as relixións, costumes e linguas de China e da India. Os contactos foron pouco numerosos e os conflitos evitáronse: así é como a península india escapou ás conquistas dos mongoles de Genghis Khan.

Relixións, mitoloxías e lendasEditar

 
A tumba de Vaishno Devi preto de Jammu, India.

Moitos lugares no Himalaia teñen un significado relixioso no hinduísmo e budismo.

O Himalaia na arteEditar

  • Shangri-La foi unha mítica cidade perdida no Tíbet, creada polo escritor británico James Hilton (1900-1954) na súa novela Lost horizon (1933).
  • Tintín no Tíbet é un clásico escrito e ilustrado polo autor belga Hergé en 1960. Tintín, un novo reporteiro, parte cara á cordilleira do Himalaia para investigar o accidente aéreo como consecuencia dos soños que tivo, nos que viu ao seu amigo Chang entre as vítimas.
  • A película Vertical Limitl (2000) ten lugar na cima do K2 en Paquistán.
  • Himalaia: a infancia dun líder, película franconepalí de Eric Valli (1999). A historia ten lugar en Dolpo, no noroeste de Nepal. Aínda que con algo de ficción, serve para ilustrar o estilo de vida tradicional da vida dos bothia no alto Himalaia.
  • A película 2012, atópase ambientada no Himalaia.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Sherpa. (información oculta no exemplo para a 1ª acepción do termo),
  2. (1995) Geologists Find: An Earth Plate Is Breaking in Two

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar