Hyaena hyaena

(Redirección desde «Hiena riscada»)

Hyaena hyaena, coñecida en galego como hiena raiada ou hiena riscada, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos hiénidos.[4]

Hyaena hyaena
Hiena raiada / Hiena riscada

Rango fósil: plistoceno medio – actualidade
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Hyaenidae
Subfamilia: Hyaeninae
Xénero: Hyaena
Especie: H. hyaena
Nome binomial
Hyaena hyaena
(Linnaeus, 1758) [2]
Distribución da hiena raiada
Distribución da hiena raiada

Distribución da hiena raiada
Sinonimia
  • Canis hyaena Linnaeus, 1758 [3]
    (e numerosos outros)
Cranio de Hyaena hyaene.

É un dos membros máis estendidos da súa familia, xa que se distribúe por boa parte de África, Oriente Medio (incluíndo Turquía), Paquistán e algunhas zonas da India. En Europa está extinta.[3]

Non se recoñecen subespecies.[3]

Taxonomía editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Canis hyaena,[2] sendo posteriormente reclasificada no xénero Hyaena, que fundara o zoólogo frsncés Mathurin Jacques Brisson en 1762.

Aínda que como quedou dito hoxe non se recoñecen subespecies, ao longo do tempo si se recoñeceron varias, como:

hoxe consideradas como sinónimos de Hyaena hyaena.[5][6][7]

Características editar

A súa pelaxe é de co parda agrisada, con franxas negras diagonais nas patas e verticais nos flancos do corpo. Presenta unha crina escura que vai desde a caluga até unirse coa peluda e abrancazada cola.

Mide de 95 cm a 1,20 m de lonxitude, e alcanza de 65 a 80 cm de Altura na cruz. O seu peso varía de 25 a 35 kg para as femias e de 35 a 45 kg para os machos.

Os cuartos dianteiros son un pouco máis longos que os traseiros, as orellas son grandes e case sempre están erectas e orientadas cara a adiante. Posúe unhas mandíbulas moi fortes que lle permiten romper ósos e esgazar duros pelellos de cadáveres, os cales son parte importante da súa dieta.

Forma grupos cando se reproduce e noutras ocasións, pero normalmente é solitaria.

Su fórmula dentaria é: 3.1.4.1 / 3.1.3.1 x 2 = 34.[8]

Hábitat e alimentación editar

Habita sobre todo en sabanas e bosques abertos, e en menor medida tamén poboa algúns desertos.

Aliméntase de donicelas, roedores, ovos, paxaros, prea de grandes herbívoros, lixo, monos e crías de ovellas e outros ruminantes, incluso pode matar presas grandes, como cebras e ñus adultos.

Relación con outros carnívoros editar

Debido aos hábitos deste animal de saciarse aproveitando as presas matadas por outros depredadores é inevitábel a confrontación con estes.

Dependendo da zona, as hienas raiadas poden librar batallas con outras especies de hienaa, lobos, leóns, guepardos e leopardos, entre outros, aínda que non adoitan estas loitas acabar en morte.

Na India, onde a hiena raiada rivaliza mesmo co tigre), algúns tigres xuvenís morren en loitas con estas hienas.

As hienas raiadas carecen de depredadores naturais, pero polos motivos mencionados en ocasións morren nas pelexas con outros carnívoros.

Lonxevidade editar

A hiena riscada pode vivir de 20 a 25 anos na natureza, e até os 40 anos nos zoos.

Estado de conservación editar

A UICN cualificou en 2008 o seu estado de conservación da especie como NT (algo preocupante), cualificación que se mantén na actualidade.[1]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Arumugam, R.; Wagner, A. & Mills, G. (2008): Hyaena hyaena Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en IUCN 2010. Lista vermella de especies amenazadas da UICN. Version 2010.1. Consultada o 20 de marzo de 2014.
  2. 2,0 2,1 Linnæus, Carl (1758):Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (10ª ed.) Holmiæ (Estocolmo): Laurentius Salvius, p. 40. Consultada o 20 de marzo de 2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 Wilson & Reeder (eds.) (2005): Hyaena hyaena Linnaeus, 1758 en Mammal Species of the World.
  4. Wilson & Reeder (eds.) (2005): Hyaenidae Gray, 1821 en Mammal Species of the World.
  5. Hyaena hyaena Linnaeus, 1758 Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. en Species 2000 SIIT. Catalogue of Life: 18th March 2015. (en castelán) Consultada o 20 de marzo de 2015.
  6. Hyaena hyaena no SIIT. (en inglés) Consultada o 20 de marzo de 2015.
  7. Hyaena hyaena en Arctos.database (en inglés). Consultada o 20 de marzo de 2015.
  8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's mammals of the world. Volume 2, 6ª edición. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar