O hiato aniónico[1], ou anion gap[2][3] en inglés é a diferenza entre os anións e os catións medidos no soro plasmático.

Adoita empregarse en medicina para tentar dilucidar a causa dunha acidose metabólica.

Fórmula bioquímica editar

Malia que varios autores inclúen o ion potasio no cálculo do hiato aniónico, as concentracións baixas deste no soro fan que na actualidade estea aceptada a omisión deste polo anódino efecto que ten no resultado final. Así as cousas, a ecuación ficaría do seguinte xeito:[4]

Anion GAP = [Na+] − ([Cl-] + [HCO3])

Onde:

  • [Na+] é a concentración sérica do ion sodio;
  • [Cl-] é a concentración sérica do ion cloruro;
  • [HCO3] é a concentración sérica de bicarbonato.

Notas editar

  1. Casas García, María. Servizo de Normalización Lingüística, ed. "Vocabulario de Medicina" (PDF). Consultado o 20 de maio de 2014. 
  2. Oh M.S. and Carroll H.J. (1977). "The anion gap.". N.Engl J. Med. (en inglés) (297): 814–817. 
  3. Gabow P.A., Kaehny W.D., Fennessey P.V.; et al. (1980). "Diagnostic importance of an increased serum anion gap.". N.Engl J. Med. (en inglés) (303): 854–858. 
  4. Gamble, J (1950). Chemical Anatomy, Physiology, and Pathology of Extracellular Fluid. Harvard University Press. 

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.