Heterorhabditis bacteriophora

Heterorhabditis bacteriophora

Exemplares de Heterorhabditis bacteriophora saíndo dunha avelaíña.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Chromadorea
Orde: Rhabditida
Familia: Heterorhabditidae
Xénero: Heterorhabditis
Especie: Heterorhabditis bacteriophora
Poinar, 1976

Heterorhabditis bacteriophora é unha especie de nematodo entomopatóxeno; estes nematodos son coñecidos comunmente como nematodos beneficiosos. Son microscópicos e utilízanse en xadinaría como unha forma de control biolóxico de pragas. Utilízanse no control de formiga, pulgas, avelaíñas, escaravellos, moscas, gurgullos e outras pragas.

Estes nematodos entran nas larvas dos seus insectos hóspede pola boca, ano ou aberturas respiratorias e empezan a alimentarse. Para reproducírense os nematodos liberan bacterias do xénero Photorhabdus que viven no seu tracto dixestivo. As bacterias multiplícanse rapidamente na larva dos insectos e acaban matándoa. Os nematodos usan despois o cadáver da larva para crecer e reproducirse.[1]

Invstigación de sistemas biolóxicos editar

Estes nematodos poden criarse in vitro, e son de grande interese para os biólogos moleculares e evolutivos que investigan sistemas parasitos e simbióticos.[2] Heterorhabditis bacteriophora foi seleccionado polo National Human Genome Research Institute como especie a secuenciar. A cepa endogámica H. bacteriophora TTO1 foi secuenciada usando a tecnoloxía Roche 454, e obtívose unha ensamblaxe dun esbozo do xenoma de 77 Mb de alta calidade en 2013.[3]

Notas editar

  1. "Natural pest control with beneficial nematodes". Gardeninsects.com. Consultado o 2011-08-26. 
  2. Gil GH, Choo HY, Gaugler R (maio de 2002). "Enhancement of entomopathogenic nematode production in in-vitro liquid culture of Heterorhabditis bacteriophoraby fed-batch culture with glucose supplementation". Applied Microbiology and Biotechnology 58 (6): 751–5. PMID 12021794. doi:10.1007/s00253-002-0956-1. 
  3. Bai X, Adams BJ, Ciche TA, Clifton S, Gaugler R, Kim KS, Spieth J, Sternberg PW, Wilson RK, Grewal PS (2013-07-18). "A lover and a fighter: the genome sequence of an entomopathogenic nematode Heterorhabditis bacteriophora". PLOS ONE 8 (7): e69618. Bibcode:2013PLoSO...869618B. PMC 3715494. PMID 23874975. doi:10.1371/journal.pone.0069618. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.