Herolind Shala

futbolista albanés

Herolind Xhavit Shala, nado en Porsgrunn o 1 de febreiro de 1992, é un futbolista profesional noruegués-albano-kosovar que xoga como centrocampista co Kasımpaşa cedido polo AC Sparta Praha.

Herolind Shala
Información persoal
Nome Herolind Xhavit Shala
Nacemento 1 de febreiro de 1992
Lugar de nacemento Porsgrunn
Altura 1.78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Kasımpaşa
(cedido polo AC Sparta Praha)
Carreira xuvenil
0000–2010 Notodden
2008Tollnes (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2011 Notodden 15 (9)
2008Tollnes (cedido) 0 (0)
2011–2014 Odd 90 (20)
2015– AC Sparta Praha 3 (0)
2015–2016Slovan Liberec (cedido) 24 (7)
2016–Kasımpaşa (cedido) 2 (1)
Selección nacional
2009 Noruega sub-17 2 (0)
2012 Noruega sub-21 1 (0)
2013–2014 Albania sub-21 7 (2)
2014–2015 Albania 3 (0)
2016– Kosovo 1 (0)
Na rede
UEFA: 250059235 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de agosto de 2016
Selección: actualizado a 17 de novembro de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Noruega de pais naturais de Kosovo de orixe albanesa. Xogou na liga norueguesa co Notodden e o Odds.[1]

Sparta de Praha editar

O 11 de xaneiro de 2015 Shala firmou co AC Sparta Praha por tres anos e medio.[2] Deubutou o 23 de febreiro de 2015 nunha vitoria 4-1 contra o Příbram antes que Václav Kadlec o substituíra no minuto 54.[3]

Carreira internacional editar

Competiu con Noruega nas seleccións sub-17 e sub-21.

Albania editar

Por ser descendente de albaneses de Kosovo o 4 de xuño de 2013 recibiu a cidadanía albanesa canda Haxhi Neziraj, Valentin Gjokaj e Amir Rrahmani.[4]

Albania sub-21 editar

 
Shala coa selección de Albania sub-21

Ao convocalo tanto a selección sub-21 norueguesa como a albanesa en maio de 2013 decidiu xogar coa albanesa. O 11 de xullo de 2013 fixo o seu debut coa selección sub-21 albanesa nun encontro contra Bosnia e Herzegovina[5]

Tamén xogou o último partido de cualificación para a Eurocopa sub-21 o 5 de marzo de 2014 contra Austria,[6] marcou o último gol albanés no minuto 57 nunha vitoria do seu equipo por 1-3.[7]

Selección absoluta de Albania editar

O seleccionador de Albania Gianni De Biasi convocouno para xogar coa selección absoluta no partido de cualificación da Eurocopa de 2016 contra Portugal o 7 de setembro de 2014.[8] Non obstante non debutou ata o 14 de novembro de 2014 nun partido amigable contra Francia, saíu ao terreo de xogo no minuto 76 en substitución de Ermir Lenjani.[9] No outro encontro contra Italia tamén como substituto, saíu no minuto 71 en lugar de Amir Abrashi.[10]

Kosovo editar

Recibiu unha invitación de Albert Bunjaki para xogar co equipo de Kosovo,[11] e debutou no partido de cualificación do mundial de 2018 nunha derrota 6-0 contra Croacia o 6 de outubro de 2016.[12]

Notas editar