Herminia Borrell

muller da alta burguesía galega
(Redirección desde «Herminia Borrell Feijóo»)

Herminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo, nada en Camariñas en 1897 e finada o 18 de febreiro de 1971,[1] foi unha muller da alta burguesía galega coñecida polo seu casamento en 1922 co magnate Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian.[2]

Herminia Borrell
Nacemento1897
Lugar de nacementoCamariñas
Falecemento18 de febreiro de 1971
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradacemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
CónxuxeNubar Gulbenkian
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Tumba de Herminia Borrell no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[3]

Herminia Borrell era filla do albanel de Camariñas emigrado en Cuba Máximo Rodríguez Borrell e María Luisa Feijóo, filla do militar ao cargo do enxeño azucreiro onde aquel traballaba.[4] Destacou entre os círculos de sociedade coruñeses e a súa festa de posta de longo celebrouse no Pazo de Meirás, grazas á anfitrioa Emilia Pardo Bazán.[2]

Malia as reservas por parte das dúas familias, Herminia Rodríguez-Borrell Feijoo e Nubar Gulbenkian casaron en Londres na Prince's Row Registry Office en 1922. Á cerimonia só asistíu a nai de Herminia e a súa tía Lala.[5] O acto relixioso polo rito armenio tivo lugar nunha das habitacións do Ritz en Londres, hotel onde a parella se aloxou durante o primeiro ano de casados.[6] Pola súa oposición ao matrimonio, Gulbenkian deixou de recibir axuda económica do seu pai.[7] Finalmente, Herminia foi repudiada.[8] Logo do seu divorcio, a finais dos anos vinte, trasladouse ao pazo de Sigrás, en Cambre (A Coruña), aínda que tamén tiña propiedades en Carballo e Camariñas.[4][9]

Foi unha muller moi moderna para o seu tempo, fumaba, vestía pantalóns e andaba en bicicleta.[2] Foi a primeira muller con carné de conducir en España e presidiu de xeito honorífico o Deportivo da Coruña.[10][2]

Familia editar

O seu irmán Max casou en 1936 con María del Carmen Álvarez de Sotomayor Castro, filla do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor. A propia Herminia actuou como madriña.[11]

Notas editar

  1. Armesto 1976, p. 7.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Villardón, María (24 de novembro de 2018). "Herminia Feijóo, primera esposa del magnate armenio Nubar Gulbenkian". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  3. Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Lema, Rafael (20 de novembro de 2007). "Herminia Borrell de Camariñas. La primera española con carné de conducir". Anosacosta (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  5. Armesto 1976, p. 21.
  6. Armesto 1976, p. 23.
  7. "Ha muerto Gulbenkian, el "rey del petróleo"". Blanco y Negro (en castelán) (Madrid): 60. 22 de xaneiro de 1972. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  8. "Ha muerto Nubar Gulbenkian". ABC (en castelán) (Sevilla). 12 de xaneiro de 1972. p. 16. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  9. "Retrato de Doña Herminia R. Borrell Feijóo 1930-1939 OLMOS MESA, Elena (1899- 1983)". museobelasartescoruna.xunta.gal. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  10. Lema, Rafael (26 de novembro de 2018). "Herminia Borrell, una camariñana en Vanity Fair | Reportaxes". Adiante Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  11. "Capítulo de bodas". ABC (en castelán) (Madrid). 4 de marzo de 1936. p. 24. Consultado o 18 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar