Heraldo Orensano
Heraldo Orensano foi un periódico editado en Ourense entre 1929 e 1930.
Heraldo Orensano | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 15 de abril de 1929. Semanario informativo que aparecía os luns fundado e dirixido por José Fernández Gallego. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ricardo Outeiriño, Emilio Canda Adán, Xosé Ramón Fernández-Oxea, Noriega Varela, Leuter González Salgado, Emilio Amor Rolán, José Almoina e José Alonso Obregón (que asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey). Cesou a súa publicación o 13 de outubro de 1930. Foi substituído por Heraldo de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 194–195. ISBN 84-505-5721-6.
Ligazóns externas
editar- Salgado, Rafael (23/5/2015). Ficha en Ourense no tempo La Región (en castelán).