Her Wallpaper Reverie
Her Wallpaper Reverie é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie pop The Apples in Stereo, publicado o 8 de xuño de 1999 a través dos selos SpinART Records e Elephant 6.
Her Wallpaper Reverie | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Apples in Stereo | ||||
Publicado | 8 de xuño de 1999 | |||
Duración | 27:08 | |||
Xénero(s) | indie pop, indie rock | |||
Selo(s) | SpinART Records e Elephant 6 | |||
Produtor | Robert Schneider | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
As quince cancións listadas para o álbum dan a impresión de que ten a mesma duración que os dous anteriores traballos do grupo, pero só sete delas son "cancións reais". Nos outros oito temas tocan unha variación da mesma melodía. Estas oito cancións son tratadas como interludios musicais e están marcadas con números romanos. A meirande parte destes interludios van dos poucos segundos ao minuto de duración (coa excepción de "vi. Drifting Patterns" que dura ao redor dos dous minutos e medio). A duración resultante é de 27 minutos.
A resposta dos críticos con respecto ao álbum foi variada. Unha crítica común foi que o disco contiña demasiados interludios (de feito hai máis intrludios que cancións). Pitchfork Media, por exemplo, afirmou que moitos deses interludios son "molestos".[1] A produción psicodélica do álbum levaron aos críticos a facer comparacións con álbum populares dos Beatles e The Beach Boys.[2]
Listaxe de cancións
editarTodos os temas compostos por Robert Schneider agás onde se indique.
- "i. Her Room Is A Rainy Garden (Wallpaper Reverie Theme)" – 0:11
- "ii. Morning Breaks (And Roosters Complain)" – 0:21
- "The Shiney Sea" – 3:40
- "iii. The Significance Of A Floral Print" – 0:37
- "Strawberryfire" – 4:27
- "iv. From Outside, In Floats A Music Box" – 1:00
- "Ruby" – 3:08
- "v. She Looks Through Empty Windows" – 0:14
- "Questions and Answers" (Hilarie Sidney) – 2:53
- "vi. Drifting Patterns" – 2:44
- "Y2K" – 2:23
- "vii. Les Amants" – 0:33
- "Benefits of Lying (With Your Friend)" – 3:35
- "Ruby, Tell Me" – 1:00
- "viii. Together They Dream Into The Evening" – 0:14
Cancións extra da edición alternativa
editarAs versións australiana e xaponesa de Her Wallpaper Reverie conteñen cinco cancións extra. As catro primeiras foron posteriormente editadas no EP Look Away + 4.
- "Behind The Waterfall"
- "Everybody Let Up"
- "Her Pretty Face"
- "The Friar's Lament"
- "Extended Introduction"
Ademais, tanto a edición xaponesa como a australiana teñen diferentes esquemas de cor na arte do álbum, sendo no Xapón azul e amarela e en Australia laranxa e vermella. Tamén hai unha versión alternativa británica rosa e verde.
Notas
editar- ↑ Pitchfork (ed.). "Apples in Stereo - Her Wallpaper Reverie". Archived from the original on 17 de novembro de 2006. Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ NME (ed.). "Her Wallpaper Reverie". Consultado o 18 de novembro de 2016.