Heródico de Babilonia

Heródico de Babilonia (latín : Herodicus, grego Ἡρόδικος) foi un poeta grego da segunda metade do século II que escribiu un importante epigrama atacando aos gramáticos da escola de Aristarco, un epigrama citado por Ateneo de Naucratis e que forma parte da Antoloxía grega.

Heródico de Babilonia
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoSelêucia do Tigre
Falecementovalor descoñecido
Ocupaciónfilólogo e comediógrafo
editar datos en Wikidata ]

Do contido do epigrama pódese deducir que este Heródico babilónico é a mesma persoa que o gramático Herodieo, a quen Ateneo menciona como Herodieus ho Crateteios (ὁ Κρατήτειος). Probabelmente foi o sucesor ou un dos primeiros sucesores de Crates de Malos e un dos que apoiou a escola de Pérgamo contra os seguidores de Aristarco. Escribiu a comedia Κωμῳδούμεναι Komodúmenai Persoas satirizadas nas comedias, Ateneo tamén fai referencia a outras dúas obras, σύμμικτα ὑπομνήματα Tratados diversos e Πρὸς τὸν Φιλοσωκράτην Contra os admiradores de Sócrates[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Düring, I., Herodicus the Cratetean. A Study in antiplatonic Tradition. Estocolmo, 1941, Wahlström & Widstrand.
  • William Roger Paton, The Greek Anthology, Loeb Classical Library, Londres ,1927, p. 168 y 399.