Henry Becque
Henry-François Becque naceu en París o 18 de abril 1837 e morreu en París o 12 de maio de 1899[1], foi un dramaturgo francés, coñecido sobre todo por unha comedia La Parisienne e un drama realista, Les Corbeaux.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henry François Becque 18 de abril de 1837 former 3rd arrondissement of Paris, Francia (en) |
Morte | 12 de maio de 1899 (62 anos) Neuilly-sur-Seine, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 53 |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, escritor, poeta, crítico literario |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|
Traxectoria
editarBecque realizou numerosos oficios antes de se dedicar ó teatro, foi oficinista na Chemin de Fer du Nord, na chancelería da Légion d'honneur e como axente de bolsa. A súa primeira obra foi un libreto de ópera, Sardanapale, en 1867, que non era máis ca un remedo de Sardanapale de Lord Byron, ó que lle puxo música Victorin de Joncières, a obra presentouse no Théâtre Lyrique cun certo éxito.
Becque volve a súa mirada cara ó vodevil con L'Enfant prodigue (1868), mais muda totalmente de estilo co drama social, Michel Pauper en 1870. L'Enlèvement, estreada no ano seguinte, é unha comedia cetrada ma vida das empregadas domésticas de provincias.
En 1878 volve cunha comedia nun acto, La Navette, seguida de Les Honnêtes Femmes, en 1880, e deseguido as súas dúas mellores obras Les Corbeaux en 1882 e La Parisienne en 1885.
Publicou tamén poesía (Sonnets mélancoliques, 1887) e as súas memorias 1895, tituladas Souvenirs d'un auteur dramatique. Deixou unha peza inacabada, Les Polichinelles.
Notas
editar- ↑ Pierre Martino, Le naturalisme français (1870-1895), 1965
Bibliografía
editar- Fritz Du Bois, Henry Becque, l'homme, le critique, l'auteur dramatique, A. Dupret, París, 1888.
- Ambroise Got, Henry Becque, sa vie et son œuvre, Crès, París, 1920.
- Edmond Sée, Henry Becque, ou Servitude et grandeur dramatiques, V. Rasmussen, París, 1926
- Aleksandar Arnautović, Henry Becque, Presses universitaires de France, París, 3 volumes, 1927.
- Maurice Descotes, Henry Becque et son théâtre, Minard, Lettres modernes, París, 1962.